Saraxevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°52′N 18°25′L / 43.867, -18.417

Saraxevo
Sarajevo (en bosníaco)
Сарајево (en serbio)
Flag of Sarajevo.svg Coat of arms of Sarajevo.svg
Sarajevo.jpg
Situación xeográfica
Saraxevo en Bosnia e Hercegovina
Saraxevo
Saraxevo
País Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Cantón Cantón de Saraxevo
Xeografía
Altitude 500 msnm
Superficie 141,5 km²
Poboación
Poboación 305.242 hab. (2009)
Densidade 2.157,2 hab/km²
Información
Código postal 71000
Alcalde Ivo Komšić (SDP)
Páxina web www.sarajevo.ba
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Saraxevo,[1][2][3] Saraievo[4][5][6] ou Sarajevo[7][8] (Sarajevo en bosníaco, croata e serbio latino, Сарајево en serbio cirílico) é a capital e principal cidade de Bosnia e Hercegovina. Ten unha poboación estimada de 290.000 persoas (401.687 coa área metropolitana) o 77,4% bosníacos, o 12% serbios e o 7,5% croatas.

Historia[editar | editar a fonte]

Saraxevo fundárona os otománs en 1461 como capital de Bosnia e no século XVI construíuse a maior parte do que hoxe a cidade vella. En 1697 nunha incursión do príncipe Eugène de Savoia a cidade foi destruída e tivo que ser reconstruída máis tarde. En 1878 pasou ao Imperio Austrohúngaro.

O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando de Austria e a súa muller foron asasinados mentres visitaban a cidade, o que constituíu a orixe inmediata da Primeira Guerra Mundial, logo da guerra Saraxevo integrouse en Iugoslavia como capital de Drinska banovina. Trala Segunda Guerra Mundial, Saraxevo converteuse nun importante centro industrial. En 1984 foi a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno.

Logo da descomposición de Iugoslavia, Saraxevo foi cercada polas forzas serbiobosníacas o 6 de abril de 1992, o que provocou o inicio da guerra de Bosnia e a destrución de gran parte da cidade e dramáticos cambios na composición étnica. En outubro de 1995 rematou a guerra cos acordos de Dayton e comezou a reconstrución da cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Saraxevo en Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1892. 
  2. Saraxevo en Sanmartín, G. (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua UDC. ISBN 978-84-9749-504-2.
  3. Saraxevo en Rodríguez, Anaír e Davila, Montserrat (2004) Lingua galega: dúbidas lingüísticas UVIGO ISBN 84-8158-266-2.
  4. Saraievo en Fernández, B. (dir.); et al. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1307. ISBN 84-8288-752-1. 
  5. Saraievo en Santa María, I. e Massó, N. (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 137 C3. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  6. Saraievo en Faginas, Sandra; et al. (2002). "galego-topónimos". Libro de estilo de La Voz de Galicia (PDF) (1ª ed.). pp. 174–186. ISBN 84-9757-065-0. 
  7. Sarajevo en Diccionario enciclopédico galego universal 55. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 18. ISBN 84-7680-429-6. 
  8. Sarajevo en Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 206. ISBN 84-7680-288-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saraxevo Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]