Yuan Shikai
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de setembro de 1859 Xiangcheng, República Popular da China |
| Morte | 6 de xuño de 1916 Pequín, República Popular da China |
| Causa da morte | uremia |
| Lugar de sepultura | Tumba de Yuan Shikai |
| Gran Presidente da República da China | |
| 22 de marzo de 1916 – 6 de xuño de 1916 – Li Yuanhong → | |
| Emperador da China | |
| 22 de decembro de 1915 – 22 de marzo de 1916 ← sen valor – Supresión do cargo → | |
| Gran Presidente da República da China | |
| 1 de abril de 1912 – 22 de decembro de 1915 ← Sun Yat-sen | |
| Primeiro-ministro do Gabinete Imperial (pt) | |
| 2 de novembro de 1911 – 10 de marzo de 1912 ← Yikuang (pt) | |
| Viceroy of Zhili (en) | |
| 1901 – 1908 ← Li Hongzhang (pt) | |
| Junji dachen (en) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo han |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Política |
| Ocupación | político, militar, líder militar |
| Período de actividade | 1881 |
| Partido político | Republican Party (en) |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Exército de Beiyang (pt) |
| Rango militar | Presidente da República da China |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Familia | Runan Yuan clan (en) |
| Fillos | Yuan Jingxue, Yuan Keding, Yuan Ko-wen, Yuan Kehuan, Yuan Kequan, Yuan Kezhen |
| Pai | Yuan Baozhong |
| Parentes | Yuan Baoqing, Chinese adoption of children from near relatives |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia militar Sytin Obálky knih, Who's Who in the Far East (en) |
Yuan Shikai (en chinés tradicional: 袁世凱, en chinés simplificado: 袁世凯, en pinyin: Yuán Shìkǎi, en Wade-Giles: Yüan Shih-k'ai), nado o 16 de setembro de 1859, finado o 6 de xuño de 1916, foi un oficial militar e político chinés durante o final da dinastía Qing e a primeira época da República da China.
Nome
[editar | editar a fonte]O seu nome de cortesía zì (字) foi Weiting (慰亭, ás veces escrito tamén como 慰廷 ou 尉亭). O seu pseudónimo hào (號) foi Rong'an (容庵).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Zhangying, na provincia de Henan. Destacou na Primeira Guerra sino-xaponesa na que participou como comandante das forzas chinesas estacionadas en Corea. En 1902, a Emperatriz Cixi nomeouno Ministro de Beiyang, zona que comprendía as actuais provincias de Hebei, Liaoning e Shandong.
Converteuse en Presidente da República da China no ano 1912, tras negociar con Sun Yat-sen, e impuxo un goberno de corte autoritario, chegando a autoproclamarse emperador o 12 de decembro de 1915, co nome de reinado de Hongxian ("Abundancia constitucional").
O novo Emperador era pai de tres fillos, dos cales só o primoxénito, o Príncipe Yuan Keding, gozaba da consideración de seu pai, mais debido a un accidente ficou inválido. O Emperador non tiña en especial estima aos outros dous, os príncipes Yuan Kewen e Yuan Keliang, aos que consideraba como "un falso erudito" e "un bandido" respectivamente.
Enfrontado cunha forte oposición que non aceptaba a restauración dun réxime monárquico, viuse obrigado a abandonar o trono o 22 de marzo de 1916, aínda que conservou o cargo de Presidente. Morreu dunha afección renal uns meses despois.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yuan Shikai |