Voluntariado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O voluntariado[1][2] é o traballo das persoas que serven a unha comunidade ou ao medio ambiente por decisión propia e libre. O termo tamén fai referencia ao conxunto de devanditas persoas, os voluntarios. Por definición, os voluntarios non cobran polo seu traballo.[3]

Na Plataforma do Voluntariado de España[4] consensuouse a siguinte definición de voluntariado coas súas diferentes entidades e plataformas:

A Acción Voluntaria organizada é aquela que se desenvolve dentro dunha organización sen ánimo de lucro por persoas físicas que, de maneira altruista e solidaria, interveñen coas persoas e a realidade social, fronte a situacións de vulneración, privación ou falta de dereitos ou oportunidades para alcanzar unha mellor calidade de vida, e unha maior cohesión e xustiza social como expresión de cidadanía activa organizada.[5]

Hai diferentes motivacións que moven estas persoas a dedicar parte do seu tempo ao traballo non remunerado. Tamén hai distintas maneiras de ser voluntario: unha clasificación básica distingue o voluntariado formal (o realizado dentro de organizacións non lucrativas) do informal (os voluntarios actúan individualmente ou en grupos non rexistrados). Outra clasificación elemental distinguiría o voluntariado no que os beneficiarios son persoas daquel no que o traballo mellora o medio ambiente (en xeral ou parte do: animais, plantas etc.).

O traballo voluntario debería cumprir tres condicións:

  • Ser desinteresado: o voluntario non persegue ningún tipo de beneficio nin gratificación pola súa axuda.
  • Ser intencionado: o voluntario persegue un fin e un obxectivo positivo (buscar un cambio a mellor na situación do outro) e lexítimo (o voluntario goza de capacidade suficiente para realizar a axuda e de certo consentimento por parte do outro que lle permite que o axude).
  • Estar xustificado: responde a unha necesidade real do beneficiario da mesma. Non é un pasatempo nin un entretemento sen máis, senón que persegue a satisfacción dunha necesidade previamente definido como tal.

O voluntariado complementa o labor da administración pública e dos profesionais da acción social, pero nunca os debería substituír nin suplantar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para voluntariado.
  2. Entrada de "voluntariado" no Digalego.gal
  3. Definición de voluntariado, sitio dixital 'Definición ABC'.
  4. Plataforma do Voluntariado de España, sitio dixital oficial.
  5. Guía sobre o Voluntariado, sitio dixital 'Plataforma do Voluntariado de España'.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • César García-Rincón de Castro (2003). Cuaderno de Viaje para Acompañar Experiencias de Voluntariado Social. Homo Prosocius, Madrid. ISBN 84-607-8127-5.
  • Jean Pictet Comentario sobre los principios fundamentales de la Cruz Roja.
  • Formación Pre-Monitor, Voluntariado Centro Juvenil.
  • "Libriño" do servizo Voluntariado en Liña do programa Voluntarios das Nacións en Liña [1]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]