Saltar ao contido

Iemen do Norte

Iemen do Norte
 Nome orixinal
Yemen Arab Republic (en)  
الجمهورية العربية اليمنية (ar)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Himno
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Forma de goberno
 Moeda
Datas
 Fundación / creación
26 de setembro de 1962 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
22 de maio de 1990 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Reino do Iêmen (pt) Traducir (1918 - 1970) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Iemen (1990 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Continente
 Capital
Saná (1962 - 1990) Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   7.160.981 (1990) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   136.000 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF128618956 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/035hqw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A República Árabe do Iemen, tamén coñecida como Iemen do Norte, foi un país que existiu desde 1962 até 1990 na parte noroeste do que agora é Iemen. A súa capital era a cidade de Sana.

Tras a caída do Imperio Otomán, o norte do Iemen converteuse nun Estado independente co nome de Reino do Iemen. O 27 de setembro de 1962, o rei Muhammad al-Badr foi deposto por revolucionarios inspirados pola ideoloxía panarabista do presidente exipcio Gamal Abdel Nasser; as forzas revolucionarias tomaron o control da capital e instauraron a República Árabe do Iemen.

O golpe de Estado xerou a Guerra Civil do Iemen do Norte que enfrontou as tropas da creada República Árabe do Iemen coas forzas leais ao rei al-Badr. Os republicanos tiveron o apoio da República Árabe Unida (Exipto) mentres que as forzas realistas contaron co apoio de Arabia Saudita e Xordania, que se opoñían á nova república.

A guerra estendeuse desde 1962 até 1970. En 1967 as tropas exipcias retiráronse, aínda que continuaron dando apoio aéreo. En 1968, despois de que os realistas mantiveran sitiada a cidade de Sana durante varios anos (onde os republicanos resistiron grazas ás subministracións aéreas de Exipto e a corredores estratéxicos cara a zonas do seu control), e debido ao estancamento nas frontes de batalla, os líderes de ambos bandos acordaron iniciar negociacións. En 1970 Arabia Saudita recoñeceu a República e estableceuse un alto o fogo.

Paralelamente, os ingleses retiráronse da Federación de Arabia do Sur que posteriormente sería bautizada como Iemen do Sur.

A diferenza do que ocorreu entre a Alemaña Occidental e a Oriental, ou Corea do Norte e do Sur, Iemen do Norte e Iemen do Sur tiveron relacións relativamente amistosas, a pesar de que en varias ocasións sufriron períodos de moita tensión. Desde 1972 producíronse declaracións de ambos bandos que manifestaban a súa vontade dunha unificación no futuro.

A pesar das declaracións, os plans de reunificación víronse obstaculizados en 1979 cando unha guerra entre ambas partes estivo a piques de estalar. A guerra foi previda unicamente grazas á intervención da Liga Árabe. Pouco despois dese episodio, os xefes de estado suriemenita e noriemenita reuníronse nun cumio en Kuwait, que sería o primeiro paso cara á unificación do Iemen.

Reunificación

[editar | editar a fonte]
O Iemen do Norte (en laranxa) e o Iemen do Sur (en azul) antes de 1990.

En maio de 1988, os gobernos do Norte e do Sur chegaron a un acordo que reduciu considerablemente a tensión e reanudaba a discusión sobre a reunificación. O acordo permitía que a poboación iemení se puidese mover entre ambos países tan só coa tarxeta de identificación nacional; ademais establecía a desmilitarización da fronteira e unha área conxunta de exploración de petróleo arredor das fronteiras que aínda non foran definidas. A conclusión deste acordo chegou o 22 de maio de 1990, cando ambas repúblicas se uniron para fundar unha soa: a República do Iemen.

A capital desta nación era a cidade de Sana ou Sana'a, a que actualmente é a capital do país.

Cidades importantes

[editar | editar a fonte]