Saltar ao contido

Movemento do 26 de xullo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Movemento do 26 de xullo
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Movimiento 26 de Julio (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Ideoloxía política
 Posición política
Implicados
 Xefe de estado
 Presidente/a
Datas
 Fundación / creación
12 de xuño de 1955 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1961 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Partido Comunista de Cuba (3 de outubro de 1965 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Códigos e identificadores
VIAF140739908 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02fkbc Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Movemento do 26 de xullo, ou M-26-J foi unha organización guerrilleira cubana creada en 1955 en México por un grupo de exiliados liderado por Fidel Castro. Tiña unha ideoloxía nacionalista, antiimperialista e democrática fundada nas ideas de José Martí. O movemento tivo un papel predominante na oposición armada á ditadura de Fulgencio Batista e no proceso revolucionario que o derrubou. Tras o triunfo da revolución en 1959 converteuse na organización gobernante en Cuba ata o 26 de marzo de 1962 cando se fusiona co Partido Socialista Popular e o Directorio Revolucionario 13 de marzo para formar o Partido Unido da Revolución Socialista de Cuba que o 3 de outubro de 1965 adoptou o nome de Partido Comunista de Cuba.

Fundación

[editar | editar a fonte]

Inicialmente, o movemento agrupaba aos superviventes do fracasado intento de comezar unha guerra de guerrillas no interior de Cuba co asalto ao cuartel da Moncada realizado o 26 de xullo de 1953, data da que o que o Movemento tomou o seu nome. Durante o exilio en México o M-26-J medrou coa incorporación doutros exiliados, así como de revolucionarios estranxeiros como Ernesto Guevara.[1]

A loita armada

[editar | editar a fonte]

O 25 de novembro de 1956 unha expedición formada por 80 guerrilleiros do M-26-J encabezada por Fidel Castro regresa a Cuba clandestinamente abordo do iate Granma establecendo unha base guerrilleira nas montañas de Sierra Maestra. A partir deste momento, o Movemento librará unha guerra de guerrillas contra a Ditadura de Batista que rematará o 1 de xaneiro de 1959 coa toma da Habana por parte dos guerrilleiros e o exilio de Batista. [1]

Unha vez caído Batista, os guerrilleiros do M-26-J convivirán no poder xunto con membros de organizacións da oposición non violenta á ditadura como os integrantes do Partido Socialista Popular. Inicialmente, o cargo de primeiro ministro recaerá sobre un profesor de dereito que non participara na loita guerrilleira, José Miró Cardona, pero este dimitirá en febreiro de 1959, sendo sucedido no cargo polo dirixente do M-26-J, Fidel Castro.[1]

Baixo o goberno de Fidel Castro, en 1959 aprobarase unha Primeira Lei de Reforma Agraria que buscaba expropiar os grandes latifundios que dominaban a illa e dar terra aos campesiños que carecían dela. Esta será completada en 1963 por unha Segunda Lei de Reforma Agraria. Así mesmo, en 1960 aprobará unha Lei de Reforma Urbana que limitaba os prezos dos alugueiros de vivendas e expropiaba a propiedade dos grandes rendistas. Paralelamente, en 1959, o goberno de Castro comeza unha campaña de alfabetización que pretendía rematar coa elevada taxa de analfabetismo entre adultos da illa, que era en 1959 dun 23,59%. Para 1961 Cuba é declarada como territorio libre de analfabetismo, dato recoñecido pola UNESCO.[2]

O M-26-J no poder terá que enfrontarse á oposición internacional dos Estados Unidos, así como dos numerosos cubanos partidarios de Batista exiliados no estranxeiro. Dende 1960 desenvolverase unha insurxencia nas montañas de Escambray formada por exsoldados de Batista, campesiños locais e, mesmo, exguerrilleiros do M-26-J desencantados coas políticas esquerdistas de Fidel no poder. Así mesmo, en 1961 a oposición dos norteamericanos á Revolución Cubana faise explícita co apoio a unha operación de desembarco na Bahia de Cochinos por exiliados cubanos financiados e armados pola CIA.[3]

Fusión con outros grupos e disolución

[editar | editar a fonte]

A partir de 1961, como reacción ao progresivo enfrontamento cos Estados Unidos, o goberno cubano irase aproximando progresivamente aos países do Bloque Socialista. Paralelamente, a Revolución Cubana irá gañando unha orientación cada vez máis socialista, feito que marcará tamén a progresiva unificación das distintas organizacións revolucionarias nun partido de vangarda seguindo o modelo marxista-leninista. En xullo de 1961 o M-26-J, xunto coas outras dúas organizacións revolucionarias, o Partido Socialista Popular e o Directorio Revolucionario 13 de marzo forman unha coordinadora baixo o nome de Organizacións Revolucionarias Integradas. No 26 de marzo de 1962 chegará a definitiva disolución das tres organizacións para formar o Partido Unido da Revolución Socialista de Cuba que o 3 de outubro de 1965 adoptou o nome de Partido Comunista de Cuba.[4]

  1. 1 2 3 ROJAS, Rafael (2015). Historia mínima de la Revolución Cubana. El colegio de México. ISBN 978-607-462-772-5.
  2. Fuente, Álvaro (2017-01-12). "Yo sí puedo acabar con el analfabetismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2026-02-17.
  3. "Cómo se gestó y fracasó la invasión de Bahía de Cochinos en Cuba hace 60 años - BBC News Mundo". News Mundo. Consultado o 2026-02-17.
  4. Calleyro, Enrique Villuendas (2025-04-16). "¿Cuál es la fecha de fundación del Partido Comunista de Cuba?". Granma.cu (en castelán). Consultado o 2026-02-17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]