Recep Tayyip Erdoğan
| Biografía | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 26 de febreiro de 1954 Kasımpaşa | ||||||||||||||||
| 28 de agosto de 2014 – ← Abdullah Gül | |||||||||||||||||
| 14 de marzo de 2003 – 28 de agosto de 2014 ← Abdullah Gül – Ahmet Davutoğlu → | |||||||||||||||||
| 9 de marzo de 2003 – 28 de agosto de 2014 Circunscrición electoral: Siirt (en) Electo en: 2003 Siirt Province by-election (en) | |||||||||||||||||
| Alcalde de Istambul | |||||||||||||||||
| 27 de marzo de 1994 – 6 de novembro de 1998 ← Nurettin Sözen – Ali Müfit Gürtuna → | |||||||||||||||||
| Datos persoais | |||||||||||||||||
| Residencia | Istanbul | ||||||||||||||||
| Relixión | Sunnismo | ||||||||||||||||
| Educación | Universidade de Mármara - ciencia da administración pública (–1981) Escola ımam hatip (pt) | ||||||||||||||||
| Altura | 1,85 m | ||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||
| Campo de traballo | Política | ||||||||||||||||
| Ocupación | estadista, político, economista | ||||||||||||||||
| Partido político | Partido da Justiça e Desenvolvimento (pt) Partido da Virtude (Turquia) (pt) Welfare Party (en) National Salvation Party (en) | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||
| 21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 |
||||||||||||||||
| Obra | |||||||||||||||||
Obras destacables
| |||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||
| Cónxuxe | Emine Erdoğan (1978–) | ||||||||||||||||
| Fillos | Ahmet Burak Erdoğan, Bilal Erdoğan, Esra Erdoğan, Sümeyye Erdoğan | ||||||||||||||||
| Pais | Ahmet Erdoğan | ||||||||||||||||
| Parentes | Berat Albayrak, xenro Selçuk Bayraktar, xenro | ||||||||||||||||
| Cronoloxía | |||||||||||||||||
| 15 de xullo de 2016 | Tentativa de golpe de estado en Turquía en 2016 | ||||||||||||||||
| 28 de maio de 2013 | Protestos na Turquia em 2013 (pt) | ||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Descrito pola fonte | Lentapedia | ||||||||||||||||
| Sitio web | tccb.gov.tr | ||||||||||||||||
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Recep Tayyip Erdoğan, nado en Beyoğlu (Istanbul) o 26 de febreiro de 1954, é un político turco, actual Presidente de Turquía.
Anteriormente ocupou os cargos de Primeiro Ministro (de 2003 a 2014) e alcalde de Istanbul (de 1994 a 1998). É o líder e fundador do Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia descendente de inmigrantes xeorxianos orixinarios de Batum.[1] Con trece anos a súa familia mudouse desde Rize, pequena poboación na beira do mar Negro, a Istanbul, onde anos despois estudou Política e Economía mentres traballaba de empregado nunha empresa de transporte e coma comerciante independente.
Política
[editar | editar a fonte]A mediados da década de 1970 adheriuse á organización de mozos do partido islamista (MSP).[2]
A súa carreira política viuse interrompida polo golpe militar de 1980 e a consecuente proscripción do seu partido, pero en 1983, retornou á actividade política dentro do Partido da Prosperidade (Refah Partisi) do antigo portavoz do MSP, Necmettin Erbakan.
Trala vitoria electoral do Refah Partisi nas eleccións municipais de Istanbul, intentou dirixir a cidade por medio de parámetros islámicos, introducindo medidas como reservar lugares á parte para homes e mulleres no transporte público e as escolas.
En 1998 foi condenado a prisión tras recitar publicamente un poema de Ziya Gökalp ("as mesquitas son os nosos cuarteis, as cúpulas os nosos cascos, os minaretes as nosas baionetas e os crentes os nosos soldados").
En outono de 1998 Erdogan retirouse do partido vertu (FP)-sucesor do Refah Partisi - e pronunciouse a favor da separación entre a igrexa e o estado. En 2001 fundou o Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP), tomando para si a presidencia. O AKP resultou vencedor das eleccións parlamentarias de 2002, pero Erdogan debeu esperar varios meses antes de poder tomar posesión no cargo de Primeiro Ministro, debido ao antecedente carcelario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kimlik Değişimi!", Milliyet, 13 de decembro de 2005.
- ↑ "Recep Tayyip Erdogan" Arquivado 20 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Fundación CIDOB, 4 de setembro de 2007 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Recep Tayyip Erdoğan |