Sun Yat-sen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Sun Yat-sen
Sun Yat-sen 2.jpg
Sun Yat-sen
孫文
孫中山
孫逸仙
Presidente da República de China.
Período: 1 de xaneiro de 1912
1 de abril de 1912
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: Yuan Shikai
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
{{{cargoexecutivo5}}}
Período: {{{periodo5}}}
Antecesor: {{{antecesor5}}}
Sucesor: {{{sucesor5}}}
{{{cargoexecutivo6}}}
Período: {{{periodo6}}}
Antecesor: {{{antecesor6}}}
Sucesor: {{{sucesor6}}}
Datos persoais
Nacemento: 12 de novembro de 1866
Lugar: Guangdong, Flag of the Qing dynasty (1889-1912).svg Imperio Qing
Falecemento: 12 de marzo de 1925 (58 anos)
Lugar: Pequín, Flag of the Republic of China (1912-1928).svg República de China
Organización: Kuomintang (KMT)
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Lu Muzhen (1885-1915)
Kaoru Otsuki (1903-1906)
Soong Ching-ling (1915-1925)
Chen Cui-fen (1892-1925)
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Avogado e político
Relixión: Congregacionalista
Premios: {{{premios}}}
Sun Yat Sen Signature.png
{{{web}}}
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Sun Yat-sen (chinés simplificado: 孙逸仙pinyin: Sūn Yìxiān / chinés simplificado: 孙中山pinyin: Sūn Zhōngshān / chinés simplificado: 孙德明pinyin: Sūn Démíng), nado o 12 de novembro de 1866 en Cuiheng, actual Zongshan e finado o 12 de marzo de 1925, foi un líder nacionalista e republicano chinés. Está considerado, tanto pola República Popular de China como pola actual República de China (Taiwan) como o pai da China moderna.

Nome[editar | editar a fonte]

Non se pode falar dun nome único na tradición china, na que ata entrado o século XX era habitual adoptar distintos nomes ao longo da vida. O máis parecido a un nome real sería o nome co que o inscribiron nos rexistros xenealóxicos da súa familia, que foi 孫德明. Este chamado nome de rexistro (譜名, pǔmíng) era o nome co que o coñecían os seus parentes e o utilizado en circunstancias formais, como cando se casou.

O primeiro carácter chino do nome de pila, dé (德), é o carácter de xeneracióon que compartía co seu irmán e os seus parentes do mesmo nivel xeneracional. Na tradición china, este nome non se utiliza fora do círculo familiar. De feito poucas personas en China coñecen por este nome a Sun Yat-sen, en cambio outras personaxes históricas coma Mao Zedong si pasaron á historia co seu nome de rexistro.

Porén este non foi o nome que se lle deu ao nacer, en China era tradicional que as familias agardaran un certo número de anos antes de dar un nome definitivo aos seus fillos. Entre tanto utilizabase o chamado nome de leite (乳名, rǔmíng) que se asignaba no momento do nacemento e era coñecido so pola familia máis próxima. Así o nome que recibiu Sun Yat-sen ao nacer foi Sūn Dìxiǎng(孫帝象), nome de connotacións relixiosas formado polos carácteres 帝, dì, deus supremo e 象, xiǎng, elefante.

Aos dez anos ingesou na escola do pobo, onde se lle deu o nome de escola (學名, xuémíng). Este solía ser o nome principal da persoa, excepto cando a persoa se volvía maior e os xóvenes debían chamalo polo nome de cortesía. O nome de escola de Sun Yat-sen foi Wén (文), e así, como Sun Wen, foi coñecido pola maior parte da xente na primeia época da súa vida, e polo tanto cando comezou a súa actividade revolucionaria.

En 1883, aos 17 anos de idade, recibiu o seu bautismo cristiano, con motivo do cal adoptou un novo nome, o nome de cortesía (號, hào), que foi Rìxīn (日新, "Renovación Diaria"). Supostamente tomou este nome dunha cita do clásico confuciano La Gran Enseñanza (大學, dàxué), e foi o nome que utilizaría durante a súa época de estudante en Hong Kong.

Máis adiante, o seu profesor de literatura chinesa escribiu o seu nome coma Yìxiān (逸仙). Aínda que en mandarín as pronunciacións de Rixin e Yixian son moi diferentes en cantonés ambos teñen a mesma pronunciación: Yat-sen. Este pronunciación cantonesa do seu nome era a habitual cando se deu a coñecer entre occidentais, o cal fixou o seu nome en Occidente coma Sun Yat-sen, curiosamente oxe en día en China ninguén o coñece coma Sun Yixian ou Sun Rixin, nin tampouco coma Sun Yat-sen.

Máis adiante escolleu un nome de cortesía (字, zì): Zǎizhī (載之) baseado no seu nome de escola Wen, porén este nome foi pouco utilizado e apenas é coñecido.

En 1897 Sun Yat-sen chegou ao Xapón, ao rexistrarse no hotel no que se hospedaba un amigo seu rexistrouno co apelido xaponés Nakayama (中山) para ocultar a súa identidade, xa que era buscado pola policía xaponesa. Polo visto o seu amigo teríase fixado de camiño ao hotel no rótulo que colgaba do Pazo do marqués de Nakayama, preto do Parque Hibiya en Toquio. A partir de ese momento foi coñecido durante o resto da súa estancia no Xapón coma o Sr. Nakayama.

Os carácteres de Nakayama pronúncianse Zhōngshān en chino mandarín, e este sería o seu nome entre os republicanos chineses trala caría da dinastía Qing. Curiosamente mentres Nakayama usouno coma apelido no Xapón, pasou a usalo coma nome propio en China, xunto co seu apelido auténtico Sun. Así pasou a ser coñecido por tódolos chinos de xeracións futuras coma Sun Zhongshan. Zhongshan significa "montaña central", non é un nome habitual en China o que reforza o carácter único de Sun Yat-sen e añade o simbolismo do significado de "montaña central", que evoca o seu papel de pilar da fundación da nova China.

En 1940 o Kuomitang concedeulle a título póstumo o nome de Guófù (國父, "Padre de la Patria"), nome utilizado habitualmente en Taiwan. Na República Popular China en cambio coñécese a veces coma Precursor da Revolución (革命先行者, Gémìng Xiānxíngzhě).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

De orixe humilde naceu no pobo de Cuiheng, entón no distrito de Xiangshan, trala súa morte a cidade e o distrito de Xiangshan adoptaron o nome chino maís habitual de Sun Yat-sen, Zhongshan. No momento do nacemento de Sun Yat-sen dependía da prefectura de Cantón pero na actualidade é unha prefectura independiente.

Emigrou a Hawai, onde se reuniu cun irmán seu, conseguindo estudar medicina en Honolulu nunha escola de misioneiros ingleses, onde recibiu unha educación fortemente marcada por unha orientación racionalista e positivista de matriz occidental e pola fe no progreso tecnolóxico e científico.

De volta a China, totalmente axeno á tradición cultural confuciana, fixo campaña pública contra a tradición e a superstición, porén ante a reacción violenta do campesiñado tivo que refuxiarse en Hong Kong en 1883, onde rematou os seus estudos e obtivo o diploma que lle permetía exercer a medicina en 1892. Convertido ao cristianismo, adoptou un novo nome: Rixin.

Aínda que comezou aliñado cos partidarios dunha monarquía constitucional, en 1894 fundou a Sociedade para a rexeneración de China cuxo obxectivo político era o derrocamento da dinastía Quing e o advenimento dun réxime democrático. Participou no golpe de estado fraguado en Cantón en setembro de 1895 o que provocou o seu exilio. En 1896 foi secuestrado en Londres por axentes da embaixada imperial chinesa

En Xapón funda en 1905 a Sociedade da Alianza e en 1911, en Guandong, o Partido Nacionalista Chinés ou Quomintang.

Goberno revolucionario[editar | editar a fonte]

Tras o levantamento de Wuchang, que provocou a caída do derradeiro Emperador, volveu a China e foi designado primeiro presidente provisional da República Chinesa o 29 de decembro de 1911. Sun Yat-sen non controlaba o norte do país, en mans das forzas de Yuan Shikai que arelaba ser un novo emperador. Sun Yat-sen accedeu a que aquel ocupara a presidencia co fin de unificar a nación e coa esperanza de desprazalo do poder a curto prazo. Fracasado neste intento, Sun Yat-sen volveu de novo ao exilio en 1913.

Volveu a China en 1917, onde organizou un goberno que controlaba un escaso territoio, e traballou por reunificar o país. Fundou a academia militar de Whampoa onde colocou ao seu colaborador Chiang Kai Chek. Procurou que o seu partido colaborase co Partido Comunista Chinés para acadar uns obxectivos comúns de democratización e reformas socioeconómicas.

Finou, vitima dun cancro cando se dirixía a Beijing a negociar a unificación. Os seus Tres principios do pobo: Democracia, nacionalismo e benestar, seguen a ser referentes nas dúas Chinas actuais.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

A súa doutrina política era de profundo carácter nacionalista desenvólvese na política dos Tres principio do pobo, nacionalismo, democracia e benestar do pobo. Con estes principios como base ideolóxica Sun pretendía facer de China un país independente, próspero e forte, tentando equipararse ás grandes potencias do momento, Estados Unidos, Reino Unido e Francia. Estes principios básicos, con postulados similares aos que inspiraron as teorías comunistas de Mao Tse Tung, foron a base da Constitución da República de China de 1947 e que aínda segue vixente na illa de Taiwan.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ningún
Presidente da República de China
1912
Sucesor:
Yuan Shikai

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sun Yat-sen

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]