Dinastía salia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Árbore familiar da dinastía Salia

A dinastía Salia, ou dinastía francona, foi unha dinastía da Alta Idade Media que chegou a ter a catro dos seus membros como reis de Alemaña (entre 1024 e 1125).

É tamén coñecida como dinastía francona debido á súa orixe familiar e ao su papel como duques do Ducado Nacional de Franconia.

Os catro reis de Alemaña tamén foron coroados como emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico (1027-1125) e é na historia do Sacro Imperio onde o termo dinastía Salia se refire a estes catro emperadores.

Orixe[editar | editar a fonte]

Despois da morte do último emperador (Henrique II), da Dinastía Saxoa, Conrado II foi primeiro elixido Rei dos Romanos en 1024, e tres anos despois (o 26 de marzo de 1027), foi coroado Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Conrado era o único fillo de Henrique de Espira, conde de Worms e de Adelaida de Metz, territorios a ambos os lados do Rin, incluídos dentro das fronteiras do que naquela época era Franconia.

Emperadores Salios[editar | editar a fonte]

Os catro reis Salios da dinastía gobernaron o Sacro Imperio desde 1027 até 1125, e estableceron firmemente ao Sacro Imperio como a maior potencia europea da época. O seu principal logro foi o desenvolvemento dunha estrutura administrativa permanente para o seu Imperio, baseada no ascenso dunha clase social de funcionarios públicos que só respondían ante a coroa.

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.