Oda Nobunaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oda Nobunaga
織田信長
Oda Nobunaga-Portrait by Giovanni NIcolao.jpg
Retrato de Oda Nobunaga, polo pintor xesuíta Giovanni Niccolo, 1583-1590.
Nacemento 23 de xuño[1] de 1534
Lugar Nagoia
Falecemento 21 de xuño de 1582 (47 anos)[2]
Lugar Honnō-ji, Quioto
Soterrado Osaca
Nacionalidade xaponés
Ocupación Daimio
Cónxuxe Nō-hime e Kitsuno
Fillos Oda Nobutada, Oda Nobukatsu, Oda Nobutaka, Hashiba Hidekatsu, Oda Katsunaga, Toku-hime, Fuyu-hime, Tsuru-hime, Oda Nobutaka e Ofuri
editar datos en Wikidata ]

Oda Nobunaga (織田 信長 ja-oda_nobunaga.ogg Oda Nobunaga ?), nado en 1534 e finado en 1582,[3] foi un destacado daimio (señor feudal) do período Sengoku no período Azuchi-Momoyama da historia do Xapón. Naceu o 23 de xullo de 1534 na Provincia de Owari, mais existen dúbidas sobre o lugar exacto. A teoría máis aceptada defende que naceu no Castelo de Hara (na actual cidade de Inazawa), malia que tamén se fala do Castelo de Furano (en Nagoia).[4] Fillo dun daimio menor da provincia de Owari,[3] coa morte do seu pai loitou contra outros membros da súa familia polo control do clan, e matou a un dos seus irmáns no proceso.[5] En 1560, durante a batalla de Okehazama enfrontouse con só 3 000 soldados contra un numeroso exército estimado en 40 000 samurais,[6] comandado por Imagawa Yoshimoto. Grazas a un ataque sorpresa saíu vitorioso e situouse no cumio do poder militar do país.[7]

En 1568, axudou Ashikaga Yoshiaki a ser nomeado shōgun polo emperador, entrando na capital Kioto co seu exército e tomando o control da cidade.[8] Yoshiaki quería nomealo Kanrei pero negouse e, no canto diso ditou unha serie de regulacións, as cales limitaban a actividade do shogun a practicamente tan só a asuntos cerimoniais. Yoshiaki contactou entón con varios daimyōs e monxes guerreiros para formar unha coalición contra Nobunaga, quen lles afrontou entre 1570 e 1573, ano en que a rivalidade entre o shōgun e Nobunaga se fixo pública e aberta. Nobunaga afrontou Yoshiaki e derrotouno facilmente, poñendo fin ó shogunato Ashikaga.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Spackman 2009, p. 369 dá como certa esta data, malia que a maioría das bibliografías omiten dar esta dada, amosando só o ano.
  2. (Segundo día do sexto mes de Tenshu 10) Elison & Smith 1978, p. xiii
  3. 3,0 3,1 Turnbull 2005b, p. 6
  4. [1]
  5. "Samurai wiki" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2009. 
  6. Berry 1989, p. 36
  7. "Nobunaga" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2009. 
  8. Jansen, 1995, p. 146.
  9. Whitney Hall, 1988, p. 230.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]