Juan Bosch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Bosch
Juan Bosch (1963).jpg
Nacemento30 de xuño de 1909
Lugar de nacementoLa Vega
Falecemento1 de novembro de 2001
Lugar de falecementoSalcedo
Causarespiratory distress
SoterradoLa Vega
NacionalidadeRepública Dominicana
Ocupaciónpolítico, historiador e escritor
PremiosOrder of Merit of Duarte, Sanchez and Mella, Order of Christopher Columbus, Orde de José Martí, grande oficial da Lexión de Honor e Commandeur des Arts et des Lettres‎
Na rede
Find a Grave: 5971803 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Juan Emilio Bosch Gaviño, nado en La Vega o 30 de xuño de 1909 e finado en Santo Domingo o 1 de novembro de 2001, foi un contista, ensaísta, novelista, narrador, historiador, educador e político dominicano. Bosch foi elixido presidente da República Dominicana en 1962, cargo que asumiu por un breve período en 1963. O seu efémero goberno foi derrocado case sete meses despois de asumir a presidencia. Porén, a día de hoxe, é lembrado como un político honesto[1][2][3] e está considerado como un dos escritores máis preclaros de Latinoamérica, en especial no xénero do conto.[4]

Foi un líder da oposición dominicana no exilio contra o réxime de Rafael Leónidas Trujillo durante máis de 26 anos. Ademais, foi o fundador de dous dos principais partidos políticos dominicanos: o Partido Revolucionario Dominicano (PRD) en 1939 e o Partido da Liberación Dominicana (PLD) en 1973.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Juan Bosch naceu na cidade de La Vega o 30 de xuño de 1909. Fillo da portorriqueña de ascendencia galega Ángela Gaviño Costais, (cuxo pai era da Guarda) e de José Bosch Subirats, de orixe catalá, nado en Tortosa. Viviu os primeiros anos da súa infancia nunha pequena comunidade rural chamada Río Verde, onde comezou os seus estudos de primaria; os estudos secundarios fíxoos no colexio San Sebastián de la Vega, chegando só até o terceiro nivel de bacharelato. En 1924, trasladouse a Santo Domingo, onde traballou en varias tendas comerciais. Máis tarde en 1929 viaxou a España, Venezuela e algunhas illas do Caribe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "25S: la política no es un negocio". El Caribe. 25 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 25 de decembro de 2013. 
  2. "Honradez de Bosch chocó con intereses". Listin Diario. 25 de decembro de 2013. Consultado o 25 de decembro de 2013. 
  3. "Sugiere exaltar Bosch al Panteón Nacional". Al Momento. 9 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 25 de decembro de 2013. 
  4. "Biografía de Juan Bosch". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 25 de novembro de 2010. 
  5. Cronología de Juan Bosch