EcuRed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EcuRed
Logo
Tipositio de MediaWiki e enciclopedia en liña
Data de fundación13 de decembro de 2010
PaísCuba
Na rede
https://www.ecured.cu/
editar datos en Wikidata ]

EcuRed[1][2] é un proxecto de enciclopedia en rede do goberno de Cuba.[3] Está desenvolvido e administrado principalmente por persoas afíns aos Joven Club de Computación y Electrónica, entidade do Ministerio de Informática e Comunicacións, que posúe máis de 600 filiais en todo o país encargadas de ensinar computación. Lanzouse oficialmente o 14 de decembro de 2010, co auspicio do goberno cubano e apoiado pola Oficina Nacional para a Informatización (ONI) e o Instituto de Información Científica e Tecnolóxica (IDICT).

A súa filosofía é a acumulación e o desenvolvemento do coñecemento cun obxectivo democratizador e non lucrativo, desde un punto de vista descolonizador. O seu nome vén de ecúmene, que significa mundo. Polo momento conta con máis de 200 000 artigos e 286 000 arquivos, moitos deles relacionados con biografías e historia cubana, posúe ademais máis de 50 000 usuarios rexistrados e 3,5 millóns de edicións realizadas.

Características[editar | editar a fonte]

EcuRed utiliza o software MediaWiki, similar ao de Wikipedia, aínda que en aparencia o deseño da páxina mostra as cores da bandeira cubana.[4]

A totalidade dos contidos de EcuRed só poden ser modificados por usuarios rexistrados. O rexistro na wiki é como en calquera sitio a través dun correo de confirmación e pode rexistrase calquera persoa sen importar o país. Inicialmente previuse permitir o libre rexistro aos meses seguintes da inauguración do sitio. Os cubanos que non teñen correo electrónico poden editar as páxinas mediante os Joven Club de Computación estendidos por toda a illa.[1]

Contidos[editar | editar a fonte]

A maior parte das súas páxinas divídense entre artigos de historia e biografías de personalidades, aínda que non están ausentes os asuntos xeográficos e de divulgación científica.

EcuRed ocupa o lugar 20 entre os sitios que máis se visitan en Cuba segundo datos do sitio web Alexa.[5] Unha das razóns para esta cifra é que a enciclopedia pódese consultar dende a intranet cubana (.cu) que é 10 veces máis barata que a conexión a Internet desde a illa.

EcuRed Portátil[editar | editar a fonte]

Como parte do proxecto EcuRed, o 14 de decembro de 2011 foi lanzada oficialmente a EcuRed Portátil, tamén chamada EcuRed Portable, que é unha aplicación de escritorio multiplataforma que permite xestionar toda a información que está contida dentro desta enciclopedia colaborativa cubana e ser utilizada por todas as persoas tanto cubanas como estranxeiras.

Foi creada polo Centro de Desenvolvemento Territorial Holguín, entidade produtiva pertencente á Universidade das Ciencias Informáticas (UCI) e posteriormente asumido polo Grupo Técnico de EcuRed, que atende directamente a hospedaxe e funcionalidade da enciclopedia.

O 7 de setembro de 2013 foi lanzada a versión 2.0i, que entre outras melloras contén as imaxes dos modelos dos artigos.[6]

O 7 de setembro de 2016, comezou a utilización do proxecto de software libre Kiwix na súa versión portátil para computadoras persoais, quedando sen soporte as versións anteriores.

EcuMóvil[editar | editar a fonte]

O 4 de abril de 2013 lanzouse oficialmente a EcuMóvil, unha aplicación para dispositivos móbiles que cumpre o mesmo obxectivo que EcuRed Portátil, pero para dispositivos que utilicen sistema operativo Android 2.2 ou superior. O proxecto foi coordinado entre a Oficina Nacional de Informatización (investidor), o Grupo Técnico de EcuRed (xestor do contido) pertencente aos Joven Club de Computación y Electrónica e Empresa Nacional de Software (desenvolvedor). Sendo asumida polo Grupo Técnico de EcuRed a partir do seu lanzamento.

O 7 de setembro de 2013, foi lanzada unha versión con imaxes. Entre outras melloras inclúe opcións de autocompletamento nas procuras e posibilidade de xiros e achegamento do texto dentro do teléfono móbil.[7]

O 7 de setembro de 2016, comezou a utilización do proxecto de software libre Kiwix na súa versión portátil para dispositivos móbiles, quedando sen soporte as versións anteriores.

Premios[editar | editar a fonte]

Desde o seu lanzamento EcuRed obtivo varios recoñecementos, entre eles:[8]

  • Premios WSIS 2017, como un dos 90 finalistas entre os traballos escollidos polo Cumio Mundial sobre a Sociedade da Información (WSIS), organizado pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT). O premio outorgouse o 13 de xuño de 2017 na categoría Acceso á información e coñecemento .[9]
  • Premio Space 2017, outorgado pola Asociación Cubana de Comunicadores Sociais (ACCS) na categoría de comunicación institucional. O premio entregouse no marco do 4º Festival Internacional de Comunicación Social celebrado no Palacio das Convencións na Habana.[10]
  • Premio LaTinatec 2017, entregado o 28 de setembro de 2017 con motivo do III Foro de Empresarios e Líderes en Tecnoloxías da Información.[11]
  • O Premio AENTA, o 24 de novembro de 2017, foi concedido a EcuRed o Premio do Sistema de Ciencia e Innovación Tecnolóxica na categoría de Impacto Social, lauro outorgado pola Axencia para a Enerxía Nuclear e as Tecnoloxías Avanzadas de Cuba (AENTA), resaltar os resultados científicos derivados de proxectos de investigación e desenvolvemento, segundo a súa contribución científica, económica ou social.
  • Selo do 45 aniversario da Universidade de Matanzas, concedido con motivo do oitavo aniversario da Enciclopedia, o 14 de decembro de 2018 no acto central celebrado na Universidade de Matanzas .

Críticas[editar | editar a fonte]

Debido ás súas características finais e editoriais, EcuRed foi valorado por algúns medios como "unha versión castrista da Wikipedia,[12] non ecuánime e tendenciosa en artigos sobre política, historia contemporánea e biografías de figuras relevantes da historia recente de Cuba."[13] Foi criticada por verter información calumnias contra membros da chamada disidencia cubana e servir como medio oficial de comunicación do goberno cubano.[14] Por exemplo, a activista Yoani Sánchez é cualificada de "ciber-mercenaria vinculado ao goberno dos Estados Unidos".[15] Tamén aborda outros temas como "Terrorismo de Estado en Colombia" que fai referencia á chamada "política de seguridade democrática" do goberno de Álvaro Uribe .

O suposto nesgo do seu contido custoulle o alcume de Castropedia nun artigo publicado polo xornal británico The Guardian pouco despois da inauguración do portal.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2014. Consultado o 19 de setembro de 2019. 
  2. [Ligazón morta]
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 19 de setembro de 2019. 
  4. Yuste, B. (14 de xaneiro de 2011). "Los «hijos» de la Wikipedia". ABC. Consultado o 5 de novembro de 2012. 
  5. Datos dispoñibles en Alexa.com Arquivado 07 de marzo de 2015 en Wayback Machine.. Consultados o 14 de marzo de 2011
  6. Artículo de la EcuRed Portátil en la Enciclopedia Colaborativa Cubana
  7. Artículo de la EcuMóvil en la Enciclopedia Colaborativa Cubana
  8. Premios y reconocimientos en EcuRed. Dispoñible en:EcuRed. Consultado o 11 de xaneiro de 2018
  9. Compiten siete proyectos cubanos de las telecomunicaciones por premios WSIS 2017. Dispoñible en:Cubadebate. Consultado o 11 de xaneiro de 2018
  10. Premio Espacio para Ecured. Dispoñible en:Diario Trabajadores. Consultado o 11 de xaneiro de 2018
  11. Festeja EcuRed su séptimo aniversario. Dispoñible en:Radio Rebelde. Consultado o 11 de xaneiro de 2018
  12. "Cuba lanza EcuRed, la versión castrista de Wikipedia". El Imparcial. 14 de decembro de 2010. Consultado o 5 de novembro de 2012. 
  13. Rojas, Rafael (21 de xaneiro de 2011). "Policías del recuerdo". El País. Consultado o 5 de novembro de 2012. 
  14. Díaz Blanco, Lizandra (13 de febreiro de 2012). "La Wikipedia cubana inyecta veneno contra disidentes y opositores". Martinoticias.com. Consultado o 5 de novembro de 2012. 
  15. "La "Wiki" cubana incluyó a Yoani Sánchez". Infobae. 8 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 5 de novembro de 2012. 
  16. Jones, Sam (15 de decembro de 2010). "Cuba opens new online frontline in war of words: Castropedia" (en inglés). The Guardian. Consultado o 21 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]