Saltar ao contido

Batalla de Sekigahara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Sekigahara
Campaña de Sekigahara Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Nome orixinal
関ヶ原の戦い Editar o valor en Wikidata
 Resultado
Vitoria decisiva do clan Tokugawa; comezo do shogunato Tokugawa.
Datas e cronoloxía
 Período
 Data
 Precedido por
Características
 Causa de
Implicados
 Participantes
Forzas
Uns 89 000[2] Uns 82 000[2]
Baixas
Descoñecidas, estímase que unhas 3 000[3] Descoñecidas, estímase que entre 8 000 e 35 270[3]
Ōtani Yoshitsugu
Shimazu Toyohisa
Ankokuji Ekei
Localización
 Localización
 Coordenadas
 Situado en
 País
Wikidata C:Commons

A batalla de Sekigahara (関ヶ原の戦い, Sekigahara no tatakai) foi unha batalla decisiva na historia do Xapón que tivo lugar o 21 de outubro de 1600[1] (Keichō 5, décimo quinto día do noveno mes segundo o antigo calendario)[4] en Sekigahara (actual prefectura de Gifu). Durante este conflito enfrontáronse os exércitos das dúas principais faccións do país: os seguidores de Toyotomi Hideyori (Exército do Oeste) e os de Tokugawa Ieyasu (Exército do Leste). Había quen consideraba que Toyotomi Hideyori, fillo de Toyotomi Hideyoshi, un dos grandes unificadores do Xapón, era quen tiña que converterse no dirixente do país; tamén había os que daban o seu apoio a Tokugawa Ieyasu, un dos daimios ou señores feudais máis prominentes do país, para que se convertese no dirixente.

A vitoria do «Exército do Leste» de Ieyasu fíxolle pasar á historia como o «derradeiro dos grandes unificadores do Xapón» xunto con Oda Nobunaga e Toyotomi Hideyoshi.[5] Ademais, despexou o camiño para que obtivese o de título shogun, a máxima autoridade política e militar do Xapón daquela. Como resultado da batalla, estabeleceuse o shogunato Tokugawa, o derradeiro shogunato da historia, que se estendería durante máis de 250 anos á fronte do goberno.[6]

A importancia desta batalla, que foi o derradeiro episodio de toda unha campaña militar, reside en que permitiu rematar cunha época de constantes conflitos e loites internas. Posteriormente, estabeleceríase unha paz case absoluta ó longo e amplo do arquipélago, só interrompida por revoltas menores, que duraría até o retorno do emperador do Xapón como máxima autoridade durante a Restauración Meiji (1866-1869).

Malia que non se soubo con exactitude a cifra dos soldados presentes no campo de batalla, a maioría dos especialistas aseguran que aquel día se deron cita entre 170 000 e 200 000 guerreiros, e mesmo algúns afirman que esta batalla foi a meirande ocorrida en chan xaponés en toda a súa historia.[2][7]

  1. 1,0 1,1 Thomas A. Stanley i R.T.A. Irving (ed.). "The Story of the Battle of Sekigahara" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Bryant, Anthony (1995). Osprey Publishing, ed. Sekigahara 1600: The final struggle for power. pp. 25. ISBN 1-85532-395-8. 
  3. 3,0 3,1 Masaru Fujimoto (ed.). "Fight for the future" (en inglés). Japan Times. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2012. Consultado o 9 de marzo do 2009. 
  4. "The Battle of Sekigahara". Consultado o 9 de setembro de 2008. 
  5. "Japan - AD 1573-1615 Momoyama" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 6 de marzo de 2009. 
  6. "Edo Period" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2009. 
  7. Turnbull, 2003:47.