Este artigo amosa escritos khmer. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O xenocidio camboxano (en khmer:របបប្រល័យពូជសាសន៍) foi obra do réxime maoísta[1] dos Khmer vermellos (en francés: Khmer Rouge ou KR; en khemer: Khmer Krahom), un partido político que gobernou a chamada Kampuchea Democrática entre 1975 e 1979, cunha concepción extremista da revolución.
Baixo a dirección de Pol Pot, o réxime propúxose a creación dun modelo socialista agrario baseado nos ideais do maoísmo e o stalinismo. A súa política caracterizouse pola ruralización forzada dos habitantes dos núcleos urbanos, torturas, execucións masivas, traballos forzados xeneralizados e malnutrición, custando a vida de aproximadamente un cuarto da poboación do país.[2] En cifras concretas, entre millón e medio e tres millóns de camboxanos faleceron. O xenocidio finalizou coa invasión vietnamita.[3] Descubríronse máis de 20 000 fosas comúns, chamadas Campos da Morte.[4] Os principais descubrimentos destas fosas déronse entre 1995 e 1996.[5]
O obxectivo principal dos Khmer vermellos era purificar o país, en similitude ó tentado pola Alemaña nazi, crear unha raza superior ou, como dixo un líder khemer: «a purificación da poboación».[6] Como a maioría das vítimas eran de etnia khmer, a mesma dos seus verdugos, ás veces denomínase ó proceso un "autoxenocidio".[7]
O 2 de xaneiro de 2001, o goberno camboxano aprobou unha lexislación para axuizar un número limitado de dirixentes vermellos. Estes comezaron o 17 de febreiro de 2009.[8] O 7 de agosto de 2014, Nuon Chea e Khieu Samphan foron declarados culpables e sentenciados a cadea perpetua polos seus crimes de lesa humanidade.[9]
Boyle, Deirdre (2009). "Shattering Silence: Traumatic Memory and Reenactment in Rithy Panh's S-21: The Khmer Rouge Killing Machine". Framework: The Journal of Cinema and Media50 (1/2): 95–106. JSTOR41552541. doi:10.1353/frm.0.0049.
Corfield, Justin J. (2011). "Nuon Chea". En Spencer C. Tucker. The Encyclopedia of the Vietnam War A Political, Social, and Military History. ABC-CLIO. ISBN978-1-85109-961-0.
de los Reyes, Faith Suzzette; Mattes, Daniel; Lee, Samantha B.; Van Tuyl, Penelope (2012). KRT TRIAL MONITOR(PDF). Asian International Justice Initiative. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2014.
DeMello, Margo (2013). Body Studies: An Introduction. Routledge. ISBN978-0415699303.
Donlon, Fidelma (2012). "Hybrid Tribunals". En William A. Schabas, Nadia Bernaz. Routledge Handbook of International Criminal Law. Routledge. pp.85–106. ISBN978-0415524506.
Dutton, Donald G. (2007). The Psychology of Genocide, Massacres, and Extreme Violence: Why Normal People Come to Commit Atrocities. Praeger. ISBN978-0275990008.
Etcheson, Craig (2005). After the Killing Fields: Lessons from the Cambodian Genocide. Greenwood. ISBN978-0275985134.
Heuveline, Patrick (1998). "'Between One and Three Million': Towards the Demographic Reconstruction of a Decade of Cambodian History (1970–79)". Population Studies52 (1): 49–65. JSTOR2584763. PMID11619945. doi:10.1080/0032472031000150176.
Hinton, Alexander Laban; Lifton, Robert Jay (2004). "In the Shadow of Genocide". Why Did They Kill?: Cambodia in the Shadow of Genocide. University of California Press. ISBN978-0520241794.
"KAING Guek Eav". Extraordinary Chambers in the Courts of Cambodia (ECCC). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2021. Consultado o 19 de agosto de 2015.
Kurlantzick, Joshua (2008). "China's Growing Influence in Southeast Asia". China's Expansion Into the Western Hemisphere: Implications for Latin America and the United States. Brookings Institution Press. ISBN978-0-815-77554-6.
Mayersan, Deborah (2013). "'Never Again' or Again and Again". En Deborah Mayersen, Annie Pohlman. Genocide and Mass Atrocities in Asia: Legacies and Prevention. Routledge. ISBN978-0415645119.
Seybolt, Taylor B.; Aronson, Jay D.; Fischoff, Baruch (2013). Counting Civilian Casualties: An Introduction to Recording and Estimating Nonmilitary Deaths in Conflict. Oxford University Press. ISBN9780199977314.
Stanton, Gregory H. (2013). "The Call". En Samuel Totten, Steven Leonard Jacobs. Pioneers of Genocide Studies. Transaction. pp.401–428. ISBN978-1412849746.
Verkoren, Willemijn (2008). The Owl and the Dove: Knowledge Strategies to Improve the Peacebuilding. Amsterdam University Press. ISBN978-9056295066.
Waller, James. "Communist Mass Killings: Cambodia (1975–1979)". Keene State College. Cohen Center, Keene, NH. 17 de febreiro de 2015. Powerpoint Lecture.