Estación do Barco de Valdeorras: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:O Barco de Valdeorras sen imaxes mediante HotCat |
m etc./espazos seccións/ espazos citas (via JWB) |
||
Liña 85: | Liña 85: | ||
{{Listaref}} |
{{Listaref}} |
||
==Véxase tamén== |
== Véxase tamén == |
||
===Ligazóns externas === |
===Ligazóns externas === |
||
*[http://www.adif.es/AdifWeb/estacion_mostrar.jsp?e=20200 Información sobre saídas e chegadas na web de Adif] |
*[http://www.adif.es/AdifWeb/estacion_mostrar.jsp?e=20200 Información sobre saídas e chegadas na web de Adif] |
Revisión como estaba o 3 de xullo de 2022 ás 03:56
Coordenadas: 42°25′06″N 06°59′06″O / 42.41833, -6.98500
O Barco de Valdeorras | |
---|---|
Situación | O Barco de Valdeorras |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Intercity, Trenhotel |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
O Barco de Valdeorras é unha estación de Adif situada no concello do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 297,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León coa Coruña a 324 metros de altitude,[1] entre as estacións de Vilamartín de Valdeorras e Sobradelo. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
Longa distancia
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Media distancia
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway