Estación de Zumarraga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°05′14″N 2°19′12″O / 43.08722, -2.32000

Zumarraga
Zumarraga 15.jpg
SituaciónZumarraga (Guipúscoa)
ServizosAparcadoiro
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity
Media distanciaMD, Intercity
CercaníasProximidades Renfe Donostia

A estación de Zumarraga é unha estación de tren de Adif do concello de Zumarraga, en Guipúscoa. Dispón de servizos de Longa e Media Distancia operados por Renfe, ademais de formar parte da única liña existente da rede de Proximidades Renfe Donostia. Ten tamén funcións loxísticas.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 565,486 da liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Hendaia a 355,89 metros de altitude.[1] O tramo é de vía dobre e está electrificado.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 20 de agosto de 1864 coa posta en marcha do tramo Olazti-Beasain da liña radial Madrid-Hendaia.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, que mantivo a súa titularidade ata que en 1941 foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

Zumarraga dispón dun importante edificio para viaxeiros de tres plantas e amplo tellado en pico de dúas vertentes que segue o estilo da arquitectura tradicional da zona. Unhas columnas de pedra adornan a entrada principal. A estación dispón de dúas vías principais (vías 1 e 2) e de tres derivadas (vías 4, 6 e 8).[3] Destas as vías 1, 2 e 4 teñen acceso a plataforma. Ademais conta con seis vías mortas. A 5 e a 7 teñen acceso á plataforma lateral, non así a 7B, 9, 11 e 13 agrupadas todas nunha mesma zona e usadas habitualmente para carga e descarga de mercadorías.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observación
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
  MD
Intercity
Irún Madrid-Chamartín
25 MD Irún Vitoria
Miranda de Ebro

Proximidades[editar | editar a fonte]

É unha das estacións do núcleo de proximidades Renfe Donostia, pola que pasa a única liña deste núcleo.

<< cabeceira < estación liña estación > cabeceira >>
Irún Ormaiztegi C-1 red.svg Legazpi Brinkola

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zumárraga (Est.) Euroferroviarios
  2. Caminos de Hierro del Norte de España Arquivado 02 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
  3. Ficha técnica Adif

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]