Saltar ao contido

Estación de Valladolid-Campo Grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de Valladolid-Campo Grande
Valladolid Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Estado de uso
 Instalacións
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
 Enxeñeiro estrutural
Datas
 Fundación / creación
1891 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1895 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Código de estación
10600 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Superficie
139.841 m² parcela
25.823 m² edificio Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   695,58 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Calle de Recondo 12 Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Código postal47007 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A estación de Valladolid-Campo Grande, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valladolid. Encóntrase fronte á prolongación da Acera de Recoletos, preto da Plaza de Colón e do Parque do Campo Grande. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 2.235.103 pasaxeiros.[1]

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase a 695 metros de altitude nos trazados das seguintes liñas férreas:

O tren chegou a Valladolid en 1856 pola entrada principal da cidade, o camiño de Madrid, polo Parque de Campo Grande. Neses terreos propiedade do Concello de Valladolid e que pertenceran ao desaparecido Convento de San Xosé, construíuse un edificio de viaxeiros provisional, de madeira e de reducidas dimensións xunto cos talleres xerais, que constituíron a primeira grande industria da cidade.

Co tempo viuse a necesidade de construír unha nova estación sobre a anterior. O enxeñeiro Enrique Grasset é autor de diversas estacións como a de Burgos. Traballa en Valladolid dende 1891. Para a definición do edificio tomou como referencia a lonxitude dun convoi, con algo máis de 100 metros.

O 23 de decembro de 2007 púxose en marcha a liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, que reduciu o tempo entre as dúas cidades a 56 minutos, a unha velocidade máxima de 300 km/h. O 29 de setembro de 2015 púxose en funcionamento a liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León dando continuidade á primeira.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Longa distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 25 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVEMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · PalenciaLeón2 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · TorrelavegaSantander2/3 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · LaudioBilbao-Abando2 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · IrúnHendaia2 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · OviedoXixón3/4 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-ChamartínValladolid-Campo Grande · Palencia · León · Veguellina · Astorga · Vega-Magaz · Brañuelas · Torre del Bierzo · Bembibre · San Miguel de las DueñasPonferrada5 trens semanais por sentido
AlviaMadrid-ChamartínValladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de EbroVitoria6 trens semanais por sentido
AlviaAlacant-TerminalVillena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · OviedoXixón1 tren diario por sentido
AlviaAlacant-TerminalVillena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · TorrelavegaSantander1 tren diario por sentido
AlviaXixónOviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía SurCádiz1 tren diario por sentido
AlviaSantanderTorrelavega · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía SurCádiz1 tren diario por sentido
AlviaXixónOviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · BenicàssimOrpesa6 trens semanais por sentido
Trenhotel AtlánticoMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · PontedeumeFerrol6 trens semanais por sentido
Trenhotel SurexHendaiaIrún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-OrienteLisboa-Santa Apolonia1 tren diario por sentido
Estrella PicassoMálaga-María ZambranoBobadilla · Puente Genil · Córdoba-Central · Linares-Baeza · Valdepeñas · Manzanares · Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de EbroBilbao-AbandoOcasional

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 25 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
' Intercity Madrid-Chamartin Vigo-Guixar
Intercity Madrid-Chamartin Irún
Intercity Madrid-Chamartin Santander
MD Madrid-Chamartín Irún
Vitoria
14 RE Palencia Valladolid-Campo Grande
15 RE Medina del Campo Valladolid-Campo Grande
16 MD
RE
Madrid Chamartín
Ávila
Valladolid-Campo Grande
17 MD
RE
León
Ponferrada
Valladolid-Campo Grande
Medina del Campo
18 MD Pobra de Seabra
Zamora
Valladolid-Campo Grande
19 MD Palencia Salamanca
20 RE Santander Valladolid-Campo Grande
  1. Anuario del ferrocarril 2011 Fundación de los Ferrocarriles Españoles y Vía Libre
  2. 1 2 Valladolid-Campo Grande (Est.) Euroferroviarios

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]