O Oural, Chorente, Sarria
| O Oural | |
|---|---|
Estación do Oural | |
| Parroquia | Chorente |
| Concello | Sarria |
| Coordenadas | 42°42′59″N 7°26′54″O / 42.7164855, -7.4482542 |
| Poboación | 319 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Oural é un lugar da parroquia de Chorente, no concello lugués de Sarria, na comarca de Sarria. Atópase a 600 metros de altitude.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 319 habitantes (155 homes e 164 mulleres)[1].
Economía
[editar | editar a fonte]O núcleo do Oural naceu a consecuencia da apertura da factoría de Cementos Cosmos, xa que antes non existían casas na zona.[2]
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Polo Oural pasa a estrada LU-546 que une Lugo e Monforte de Lemos. Tamén rodea a localidade polo oeste o corredor CG-2.2 que realiza o mesmo percorrido que a estrada anterior sen pasar polas localidades. A estrada secundaria LU-642 une O Oural co concello do Incio.
Tamén pasa polo Oural a liña ferroviaria León-A Coruña, que conta cunha estación na localidade, aínda que actualmente non ten servizo de pasaxeiros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Chorente no concello de Sarria (Lugo) | |
|---|---|
|
Airexe | Carballo | Ferradal | O Oural | A Quintá | Sanguñedo | Santigoso | Traslodeiro | Vilaverde |
Parroquias de Sarria
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-15.
- ↑ La Voz de Galicia (16 de marzo de 2005). "Oural logra identidade propia". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2018. Consultado o 30 de setembro de 2018.