Estación de Irún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°20′21″N 1°48′01″O / 43.33917, -1.80028

Irún
Irun - Estacion de tren.jpg
SituaciónIrún (Guipúscoa)
ServizosAseos Servizos adaptados Aparcadoiro Cafetería Carros portaequipaxes
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel, Intercity, Intercités, TGV
Media distanciaMD, Intercity
CercaníasProximidades Donostia

A estación de Irún é unha estación ferroviaria de Adif situada na cidade vasca de Irún, en Guipúscoa. É unha estación fronteiriza que ten o seu equivalente francés en Hendaia. Por este motivo ten tanto vías de largo ibérico como de largo internacional, o que permite a circulación tanto de trens operados por Renfe como tamén pola SNCF.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación de Irún forma unha parella xunto coa francesa estación de Hendaia, situada a uns dous quilómetros e separada polo río Bidasoa. A rede de ancho ibérico (1.668 mm) chega a Irún e continúa para finalizar en Hendaia, mentres que a rede de ancho internacional (1.435 mm) chega a Hendaia e continúa para finalizar en Irún. O tramo entre ambas as estacións dispón de vías nos dous anchos.

Pola rede francesa, a estación atópase no punto quilométrico 235,063 da liña Bordeos-Irún. Pola española, atópase no punto quilométrico 639,4 da liña férrea radial Madrid-Hendaia, inaugurada en 1864.[1] Tamén formaba parte da liña férrea Irún-Elizondo pechada desde 1956.

A SNCF e Renfe Operadora teñen un acordo mediante o cal os trens de cada compañía atravesan a fronteira ata a seguinte estación para deixar viaxeiros, pero non para recollelos. Así, os trens en dirección Francia inician e finalizan percorrido en Hendaia, e os trens dirección España inician e finalizan percorrido en Irún. Os trens que cruzan a fronteira para deixar viaxeiros volven sen carga á estación situada alén. Os trens rexionais non chegan a atravesar a fronteira, polo que non existe posibilidade de ligazón entre os rexionais de ambas as redes.

O único tren de pasaxeiros que realizaba un percorrido pasante era o Trenhotel «Francisco de Goya», tren nocturno entre Madrid-Chamartín e París-Austerlitz. Compoñíase dunha rama tipo Talgo cuxas rodas desprazábanse nun cambiador de ancho para pasar da rede española á francesa e viceversa. No pasado tamén se utilizou para trens de pasaxeiros o cambio de eixos, que actualmente só se emprega para trens de mercadorías. Así mesmo existen instalacións para a manipulación de mercadorías e a súa transbordo entre trens españois e franceses.

Historia[editar | editar a fonte]

O ferrocarril chegou a Irún en 1863 cando a Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España completou o tramo Donostia-Irún da liña que pretendía unir Madrid coa fronteira francesa.[2] Pouco despois, en agosto de 1864, o trazado alcanzou Francia grazas á construción da ponte internacional sobre o río Bidasoa. Por primeira vez, as redes ferroviarias españolas e francesas quedaban unidas. As primeiras instalacións construídas foron substituídas en 1881 por unha estación definitiva que seguía os planos do enxeñeiro Avillume.[2] Dividiuse en dous edificios uno destinado ao tráfico nacional dunha planta e outro destinado ao tráfico internacional de dúas plantas.[2]

En 1941, coa nacionalización do ferrocarril en España, Norte desapareceu e pasou a formar parte de RENFE. Esta último xestionou o recinto ata a creación de Adif a finais de 2004.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observación
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Surex Hendaia Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coimbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
  MD
Intercity
Irún Madrid-Chamartín
25 MD Irún Vitoria
Miranda de Ebro

Proximidades[editar | editar a fonte]

É unha das cabeceiras da única liña do núcleo de proximidades Renfe Donostia.

Liña estación > cabeceira >>
C-1 red.svg Ventas de Irún Brínkola

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Irún (Est) Euroferroviarios
  2. 2,0 2,1 2,2 Museo del ferrocarril. "Maqueta Irún-Hendaya" (PDF). Consultado o 4 de decembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]