Batalla de Benevento (1266)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Batalla de Benevento (1266)
Parte de Conflitos entre güelfos e xibelinos
BeneventoVillani.jpg
A batalla na Nuova Cronica de Giovanni Villani.
Data 26 de febreiro de 1266
Lugar Benevento, Campania, Italia
Resultado Vitoria güelfa
Belixerantes
- Güelfos
- Franceses anxevinos
- Mercenarios
- Xibelinos sicilianos
- Mercenarios alemáns
- Mercenarios italianos
Líderes
Carlos de Anjou Manfredo de Sicilia
Forzas en combate
4.600 cabaleiros,
Número de infantaría descoñecido
10.000 arqueiros,
3.600 cabaleiros pesados,
300 cabaleiros lixeiros

O 26 de febreiro de 1266, a batalla de Benevento, librada en Benevento (Italia), enfrontou aos sicilianos de Manfredo de Sicilia aos franceses de Carlos de Anjou, que saíron vitoriosos.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Carlos de Anjou foi reclamado polo papa Clemente IV para loitar contra os Hohenstaufen, dinastía reinante en Sicilia. Despois de ter conquistado o mosteiro de Monte Casino, a coalición dos anxevinos dirixiuse cara a Benevento, onde Manfredo, rexente do seu sobriño Conradino, reunira as súas tropas.

A batalla[editar | editar a fonte]

As forzas anxevinas contaban con 25 000 homes dos que 6 000 eran cabaleiros e sarxentos da cabalo, 600 pares da cabalo, e aínda unha infantaría de provenzais, auverñeses, champañóns, gascóns, bretóns, valóns e continxentes de milicias italianas. Manfredo reunira unha tropa de polo menos 5 000 ou 6 000 mercenarios árabes, de 3 000 a 4 000 cabaleiros árabes e bérberes, 1 000 cabaleiros alemáns e uns 1 000 mercenarios toscanos e lombardos.

Batalla de Benevento.
Morte de Manfredo de Sicilia.

Pola mañá, os anxevinos puxéronse en formación na chaira da outra beira do Calore, río que bordea a cidade de Benevento. Manfredo aceptou o combate pero a saída das súas tropas foi ralentizada pola xente alborotada na cidade.

De feito, cando a súa primeira liña musulmá entrou en combate, as súas tropas alemás non cruzaran o Calore e eles mesmos aínda estaban dentro da cidade. Nun primeiro momento, os musulmáns superaron a primeira liña anxevina, composta pola infantaría, que non tardaron en caer. Os musulmáns precipitáronse a masacralos.

Nese momento a tropa dos provenzais, comandada polo mariscal de Mirepoix e Filipe de Montfort, cargou contra os musulmáns e vencéronos. Mentres tanto, os alemáns de Manfredo, no medio da batalla, contraatacaron aos provenzais adoptando unha formación de ángulo. Manfredo aínda non pasara a ponte sobre o Calore.

Carlos de Anjou ordenou asaltar á súa tropa, derrotando o flanco dos alemáns. Ante a derrota dos seus derradeiros homes, as forzas sicilianas de Manfredo repréganse tras a ponte.

E como os anxevinos non se moveron da súa posición, el non puido xuntar máis que unhas poucas centenas de homes máis ou menos ilesos. Manfredo foi masacrado alí mesmo. Esta batalla puxo o Reino de Sicilia baixo poder anxevino.

Porén, en 1268, Carlos de Anjou debería enfrontarse a Conradino na batalla de Tagliacozzo (23 de agosto de 1268), ao que derrotou e fixo decapitar.[1]

Pero 15 anos despois, perdido o apoio do papa, sería expulsado de Sicilia nas Vésperas sicilianas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kleinhenz, Christopher (1980): Medieval Italy: An Encyclopedia. Vol. I. New York and London: Routledge. ISBN 978-0-4159-3930, p. 232.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benigno, Francesco e Giuseppe Giarrizzo (1999): Storia della Sicilia, vol. 3. Roma-Bari: Ed. Laterza. ISBN 88-421-0535-X.
  • Runciman, Steven (2009): Las Vísperas Sicilianas. Ed. Reino de Redonda. ISBN 978-84-933656-7-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]