Alfred Hitchcock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Alfred Hitchcock
Alfred Hitchcock NYWTS.jpg
Alfred Hitchcock
Nacemento Alfred Joseph Hitchcock
13 de agosto 1899
Leytonstone, Londres
Falecemento 29 de abril 1980
Bel Air, Os Ánxeles
Profesión director de cine
Coñecido/a por Hitch

O Mestre do Suspense

Cónxuxe(s) Alma Reville
(1926-1980)
Ficha na IMDb

Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado en Bel Air (Os Ánxeles, California) o 29 de abril de 1980[1], foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alfred Hitchcock naceu nunha familia de orixe católica irlandesa humilde. Estudou en colexios católicos de Londres ata que tivo que deixar os estudos para poñerse a traballar. A partir de 1920 traballou facendo rótulos para varios filmes e en 1923 comezou a súa carreira como axudante de dirección e en 1925 dirixiu a súa primeira película, The Pleasure Garden, que resultou un fracaso comercial, o mesmo que a seguinte, The Mountain Eagle. En 1927 co seu primeiro filme de suspense, The Lodger: A Story of the London Fog (1927), foi un éxito de crítica e público. En 1929 dirixiu o primeiro filme sonoro británico, Blackmail. The Man Who Knew Too Much (1934) e The 39 Steps (1935) son frecuentemente considerados os mellores filmes da súa etapa británica.

En 1926 casou con Alma Reville, a quen coñeceu traballando con ela nas súas primeiras películas e que sería a súa man dereita até á fin dos seus días.

Rebecca (1940) foi o primeiro filme da etapa americana de Hitchcock, producida por un David O'Selznik que naquel momento estaba en alza co rotundo éxito de Foise co vento (1939), un melodrama gótico de intriga que gañou o Oscar ó mellor filme. Pero o certo é que os egos de produtor e director chocaron e Hitchcock buscou a vida fóra deses estudios e pasou por MGM, Warner Brothers ou Universal, entre outras.

Entre as súas películas máis celebradas da etapa americana atópanse Vertixe (1958), A ventá indiscreta (1954), Psicosis (1960), Coa morte nos talóns (1959) ou Os paxaros (1963), entre outras.

Ademais tamén conduciu o programa para a televisión chamado Alfred Hitchcock Presenta..., onde presentaba curtametraxes de suspense co seu habitual sentido do humor macabro que tanta fama lle deu.

Alfred Hitchcock coa súa peculiar imaxe foi o primeiro "director estrela" da historia do cine até o punto de eclipsar aos actores e actrices dos seus traballos nos carteis promocionais, cousa que nunca antes sucedera.

Estrela de Hitchcock no Paseo da Fama de Hollywood.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes mudos[editar | editar a fonte]

Filmes sonoros[editar | editar a fonte]

Foreign Correspondent trailer 8.jpg
Foreign Correspondent trailer 9.jpg
Foreign Correspondent trailer
Foreign Correspondent trailer

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mogg, Ken. "Alfred Hitchcock". Senses of Cinema. Sensesofcinema.com. http://archive.sensesofcinema.com/contents/directors/05/hitchcock.html. Consultado o 18 de xullo de 2010.
  2. "Obituary". Variety (Variety). 7 de maio de 1980.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alfred Hitchcock
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Alfred Hitchcock

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leff, Leonard J: The Rich and Strange Collaboration of Alfred Hitchcock and David O. Selznick in Hollywood. University of California Press, 1999
  • Leitch, Thomas: The Encyclopedia of Alfred Hitchcock (ISBN 978-0-8160-4387-3). Checkmark Books, 2002.
  • McGilligan, Patrick: Alfred Hitchcock: A Life in Darkness and Light. Regan Books, 2003.
  • Deutelbaum, Marshall; Poague, Leland (ed.): A Hitchcock Reader. Iowa State University Press, 1986. A wide-ranging collection of scholarly essays on Hitchcock.
  • Durgnat, Raymond: The strange case of Alfred Hitchcock Cambridge, Massachusetts: MIT Press, 1974 OCLC 1233570
  • Durgnat, Raymond; James, Nick; Gross, Larry: Hitchcock British Film Institute, 1999 OCLC 42209162
  • Durgnat, Raymond: A long hard look at Psycho London: British Film Institute Pub., 2002 OCLC 48883020
  • Spoto, Donald: The Dark Side of Genius. Ballantine Books, 1983.
  • Sullivan, Jack: Hitchcock's Music. Yale University Press, 2006. ISBN 0-300-11050-2
  • Giblin, Gary: Alfred Hitchcock's London. Midnight Marquee Press, 2006, (Paperback: ISBN 978-1-887664-67-7)
  • Gottlieb, Sidney: Hitchcock on Hitchcock. Faber and Faber, 1995.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]