Antonin Artaud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonin Artaud
Nome completoAntoine Marie Joseph Paul Artaud
Nacemento4 de setembro de 1896
 Marsella
Falecemento4 de marzo de 1948
 París e Ivry-sur-Seine
CausaCancro colorrectal
SoterradoSaint Pierre Cemetery
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Ocupacióndramaturgo, actor, poeta, crítico de cinema, escritor, ensaísta, guionista, pintor, actor de teatro, actor de cinema, prosista, director de cinema, realizador, comediógrafo e artista de performance
Xénerospoesía, teatro, ensaio, literatura, debuxo
PremiosPrix Sainte-Beuve (1948)
Na rede
IMDB: nm0037625 Allocine: 943 Rottentomatoes: celebrity/antonin_artaud Allmovie: p2448
Musicbrainz: b5c52951-d4b4-4ac0-8389-50f01e70ec7b Discogs: 217030 Find a Grave: 12281 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Antoine Marie Joseph Artaud coñecido como Antonin Artaud, nado en Marsella o 4 de setembro de 1896 e finado en Ivry-sur-Seine o 4 de marzo de 1948, foi un escritor e actor francés, autor de poemas e de textos teóricos sobre o teatro, nos que fai un eloxio do teatro da crueldade, que influíu na posta en escena teatral no mundo enteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia burguesa, e xa de rapaz se viu afectado por problemas mentais que se atribúen a unha meninxite. En 1920 chega a París e comeza a escribir en La Nouvelle Revue française. Colaborou con André Breton no movemento surrealista.

Representou a Marat no filme de Abel Gance, Napoleón (1926). Tamén nese ano foi un dos fundadores, con Roger Vitrac, do "Théâtre Alfred Jarry", e en 1932 publica o Manifeste du Théâtre de la cruauté.

En 1936, Artaud viaxa a México, onde queda fascinado pola cultura dos tarahumaras. En 1937 trasládase a Irlanda, pero a pobreza obrígao a volver a Francia, e na viaxe de retorno sofre un ataque de tolemia e vai ser internado nunha institución psiquiátrica durante dez anos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Tric Trac du Ciel, París, Simon, s.d., 1923
  • L'Ombilic des limbes, Gallimard, NRF, París, 1925
  • Le Pèse-nerfs, Leibovitz, París, 1925
  • L'Art et la mort, Denoël, París, 1929
  • Le Moine, de Lewis, París, 1931
  • Héliogabale ou l'anarchiste couronné, Denoël & Steele, París, 1934
  • Les Nouvelles révélations de l'être, Denoël, París, 1937
  • Le Théâtre et son double, Gallimard, París, 1938
  • D'un voyage au pays des Tarahumaras, edición da revista Fontaine, París, 1945
  • Van Gogh le suicidé de la société, K , París, 1947
  • Artaud le Mômo, Bordas, París, 1947
  • Ci-Gît précédé de La culture indienne, K , París, 1947
  • Pour en finir avec le jugement de Dieu, K , París, 1948
  • Les Cenci, Gallimard, La Pléiade, 1964
  • Van Gogh, le suicidé de la société, programa de rádio, INA, André Dimanche Editeur, 1995.
  • 50 dessins pour assassiner la magie, Gallimard, París, 2004
  • Artaud Œuvres, colección "Quarto", Gallimard, París, 2004
  • Cahier d'Ivry, xaneiro 1948.

Filmografía como actor[editar | editar a fonte]

Arthaud nunca tivo un papel importante en ningunha película, pero participou en 25:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]