Aleksandra Ekster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksandra Ekster

Alexandra Ekster ou Exter (Александра Экстер), nada en Bialystok o 6 de xaneiro de 1882 e finada en París o 17 de marzo de 1949, foi unha pintora cubo-futurista, supremacista e construtivista, amais dunha dos fundadores do Art déco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Belostok, daquela pertencente á Rusia Imperial e hoxe parte de Polonia, no seo dunha familia rica, os Grigoróvich. Estudou na escola de arte de Kiev e, no ano 1907, na Académie de la Grande Chaumière en Montparnasse, París. Dende 1908 a 1924 viviu en San Petersburgo, Odessa, París, Roma e Moscova.

En 1908 participou na exhibición do grupo Zvenó (Eslabón) organizada por David Burliuk e Vladímir Burliuk, entre outros, en Kiev. En 1914 Ekster, xunto con Kasimir Malévich, Alexandr Archipenko, Vadym Meller, Sonia Delaunay e outros, participou no Salon des Indépendants en París. Nese mesmo ano participou na International Futurist Exhibition en Milán.

Entre 1915-1916 traballou na cooperativa de vilas Skoptsí eVerbovka xunto con Kazimir Malevich, Yevgenia Pribýlskaya, Natalia Davídova, Nina Genke, Liubov Popova, Ivan Puni, Olga Rozánova, Nadezhda Udaltsova e outros. Máis tarde fundou un grupo de traballo en ensino (MDI) en Kiev (1918-1920). Meller, Petrytsky, Red'ko, Chelitschev, Shifrin, Nikritin traballaron alí. Durante ese tempo ela tamén foi un dos nomes máis importantes do Teatro Alexandr Taírov

En 1919 xunto cos artistas da vangarda rusa, Kliment Red'ko e Nina Genke-Meller, decoraron as rúas e prazas de Kiev e Odessa polas celebracións da Revolución en estilo abstracto. Traballou como deseñadora de vestiario no Estudo de Ballet da bailarina Bronislava Nijinska (a irmá de Vaslav Nijinsky).

No ano 1921 converteuse na directora do curso elemental Cor no Grupo de Traballo (VKhUTEMAS) en Moscova, posto que mantivo ata 1924 cando emigrou a Francia para obte-la cátedra en Arte Moderno en París. Dende 1926 a 1930 Ekster foi catedrática na Academia de Arte Contemportaneo Leger. En 1936 participou na exposición Cubismo e Arte Abstracto en Nova York e nunha exposición exclusivamente dedicada a ela en Praga e en París. En 1936 comezou a traballar como ilustradora de libros para a empresa de publicidade Flammarion en París. Continuou neste traballo ata 1949, cando morreu no arrabalde de Fontanay-aux-Roses, en París.