Theo van Doesburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Theo van Doesburg: „Ritmo de una danza rusa“, 1918

Christian Emil Marie Küpper, coñecido como Theo van Doesburg, nado o 30 de agosto de 1883 en Utrecht, Holanda, e finado o 7 de marzo de 1931 en Davos, Suíza, foi un pintor, arquitecto e teórico da arte holandés.

Índice

Biografía [editar]

Fillo dun fotógrafo, iniciou a súa carreira como pintor colaborando cos arquitectos Oud e Wils. A súa primeira exposición de cadros foi na Haia en 1908. Busca representar a tridimensionalidade pictórica. No 1916 funda con Leyda e Oud o grupo Sphinx, practicando arte concreta. Un ano despois, en 1917, fundou xunto con Piet Mondrian, e outros, o movemento artístico denominado De Stijl.

En 1931, xunto a Antoine Pevsner, Naum Gabo, Auguste Herbin e Georges Vantongerloo, crearon o movemento Abstracción-Creación, en París.

No 1955 foi homenaxeado postumamente na Documenta 1 de Kassel.

Arquitecto e activista [editar]

Van Doesburg exerceu outras actividades ademais da pintura e promover De Stijl: probou as súas forzas en arquitectura, proxectando casas para artistas; en colaboración conGeorges Vantongerloo, ambos dous deseñaron a decoración do Café Aubette en Estrasburgo, Francia. Xunto con El Lissitzky e Kurt Schwitters, van Doesburg buscou reunir unha Internacional das Artes en dous congresos celebrados en Düsseldorf e Weimar no 1922. . Un alfabeto xeometrizado, creado por van Doesburg en 1919, ten sido revitalizado en formato dixital como Architype Van Doesburg.

Obra [editar]

A obra de van Doesburg pode ser ollada en:

Galería [editar]