Marc Chagall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marc Chagall

Marc Chagall fotografado en 1941 por Carl van Vechten.
Nome Mark Zakharovich Shagalov
Nacemento 7 de xullo de 1887
Lugar de nacemento Vitebsk, Bielorrusia, Imperio Ruso
Morte 28 de marzo de 1985
Lugar de morte Saint-Paul de Vence, Francia
Nacionalidade Ruso-Francés
Movemento Surrealismo

Marc Chagall (18871985) foi un pintor francés de orixe xudeu bielorruso, o seu nome asóciase co surrealismo.

Traxectoria [editar]

Nado como Moishe Zakharovich Shagalov (Moishe Segal) en Vitebsk, Bielorrusia (entón no Imperio Ruso), Chagall era o máis vello de oito fillos. En 1907, Marc Chagall marcha a a San Petersburgo, alí estuda na Sociedade de Patrocinadores da Arte onde baixo a tutoría de Nikolai Roerich, en 1910 marcha a París, e entra en contacto coas novas tendencias que estaban a xurdir, en 1914 regresa á súa vila natal, logo da revolución rusa, Chagall foi comisario de arte da súa rexión, en 1923 volta de novo a París, e en 1937 obtén a cidadanía francesa. Durante a Segunda Guerra Mundial, debido á persecución dos xudeus polos nazis, Chagall deixa Francia e instálase en Nova York.

As obras de Chagall reflicten a resonancia dos soños e das fantasías, ao tempo que se inspira nas tradicións populares rusas e a herdanza xudía.