Francis Picabia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francis Picabia no seu estudio.

Francis-Marie Martínez de Picabia, nado en París o 22 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1953, foi un pintor francés que practicou tanto a pintura como o grafismo, ademais de exercer como escritor e poeta. É coñecido como militante do movemento dadaísta, aínda que parte da súa obra pode ser incluída noutros movementos artísticos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de mai francesa e pai hispano-cubano, que traballaba como adxunto na embaixada española en Francia. Estudiou na Escola de Belas Artes e na Escola de Artes Decorativas de París, onde recibíu una forte influencia da pintura impresionista e fauvista, destacando a súa admiración por Camile Pisarro e sobre todo por Alfred Sisley, a quen coñecería en 1898. Entre os anos 1909 e 1911 estivo vinculado ao cubismo e foi membro do grupo "PUTEAUX", dentro do cal trabou forte amizade con Marcel Duchamp.

Jeune fille

En 1913 viaxou aos Estados Unidos, onde contactou co grupo dadá norteamericano, participando na exposición 'Armory Show e máis fundando xunto a Duchamp e Ray a revista predadaista 291. Publicou o primeiro número da revista "391", como dadaísta conscientemente convencido, en Barcelona no ano 1916, con a colaboración de Guillaume Apollinaire, Tristan Tzara,Man Ray e Jean Arp. Uníuse a Tristan Tzara e o grupo dadá en Zürich no ano 1918. Logo de pasar unha tempada na Costa Azul , época na cal a súa obra estivo fortemente influída polo surrealismo, dentro do cal suliñaba afaceta humorística particularmente provocativa, volveu para París e creou, asociado con André Breton, a revista "491". Porén, no ano 1922, abandonou o dadaismo, movemento do que fora un dos principais propagadores.

Desde moi cedo se interesou pola fotografía, na que logo se iniciou, e polo cine. En 1924, escrebeu un guión delirante (no que mostraba unha partida de xadrez entre Marcel Duchamp e Man Ray ) para a curta-metraxe Entre’acte, para ser proxectada no entreato do seu ballet "instantaneísta" Relâche ( con coreografía de Jean Börlin e música de Erik Satie). Colaborou tamén para os Ballets suecos de Rolf de Maré, para os que realizou varios decorados.

Afeizoado ás festas e aos automóbiles (tivo uns 150 na súa colección), chegaría a arruinarse pola súa vida dispendiosa, feito que o impulsou a pintar grande número de lenzos de pequeno tamaño e xéneros diversos, ás veces mesmo inspirados en revistas pornográficas.

De modo persona e non profesional, cultivou a poesía.

Características[editar | editar a fonte]

A influencia de Picabia é fundamental como introductor dos movementos de avangarda da arte contemporánea no continente americano, especialmente en Nova York. Picabia foi un home aberto a todas as correntes innovadoras, refutando ligarse de xeito exclusivo a un único tipo de expresión, de maneira que pasaría por períodos ligados ao futurismo, á figuración e, desde 1945, ao abstracto.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

  • Caoutchouc. 1909, acuarela sobre papel, 46 x 61,5 cm. Museo Nacional de Arte Moderna, París. Considerada un dos alicerces da art abstracta.
  • Udnie. 1913, óleo sobre lenzo, 290 x 300 cm. Museo Nacional de Art Moderna, París.
  • Edtaonisl. 1913, óleo sobre lenzo, Art Institute, Chicago.
  • Prostitution universelle (1916, Yale University Art Gallery, New Haven).
  • Danse de Saint Guy (Tabac Rat) (1919, M.N.A.M, París)
  • L'œil Cacodylate (1921, M.N.A.M, París).
  • Chapeau de Paille? (Chapeu de palla ?) (1921, M.N.A.M, París).
  • La femme au chien (Muller con can) (1924-26)
  • Baigneuse (Bañista) (ca. 1925-26).
  • Printemps (Primavera) (1938), Galerie Rose Fried USA).
  • Flirt. Materiais diversos (chumbo, arame, palla,...) sobre lenzo, 92 x 73 cm. Vendido en poxa no 2004 por 908.238 €.

Escritos[editar | editar a fonte]

  • Poèmes, publicado en París no 2002.
  • Écrits critiques, publicado en París no 2005.