José Ortega y Gasset
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
José Ortega y Gasset, nado en Madrid o 9 de maio de 1883 e finado na mesma cidade o 18 de outubro de 1955, foi un filósofo español Tamén actuou como activista político e mais como xornalista.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo dunha familia da alta burguesía, fixo os seus primeiros estudos cos xesuítas. Graduouse e doutorouse en Filosofía na Universidade Central de Madrid en 1904, despois de breve pasaxe pola Universidade de Deusto, en Bilbao. Dali seguiu para a Alemaña, onde se viu influenciado pola escola de Marburgo, que tiña por figuras principais Hermann Cohen e Paul Natorp e que tiña forte inclinación polo idealismo.
En 1910 obtén a cátedra de Metafísica na Universidade Central de Madrid. En 1917 faise colaborador do xornal El Sol, onde publicaría os seus ensaios España invertebrada (1921) e La rebelión de las masas (1930). Funda a Revista de Occidente en 1923, responsable de traducir e comentar aos grandes autores contemporáneos da Filosofía, como Edmund Husserl, Oswald Spengler, Georg Simmel, Hans Driesch e Betrand Russell.
Despois de se desentender da ditadura española (en 1929 chega a demitir da súa cátedra universitaria), exilase na Arxentina. Consegue regresar a España en 1955, mais neste mesmo ano élle diagnosticado un cancro, e falece o 18 de outubro.
A influencia de Ortega y Gasset é non só debida á temática da súa obra, mais tamén polo seu estilo accesible ao gran público.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Rivas García, Manuel (2002), José Ortega y Gasset, A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-89803-89-3.
[editar] Ligazóns externas
- Fundación Ortega y Gasset
- Meditaciones, un site en español dedicado ao pensamento de Ortega y Gasset