Gustave Courbet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gustave Courbet. Fotografía de Félix Nadar

Jean Désiré Gustave Courbet, nado o 10 de xuño de 1819 e finado o 31 de decembro de 1877, foi un pintor francés.

Estilo e características[editar | editar a fonte]

Enterro en Ornans (1849), Coubet amósanos unha galería de tipos campesiños, auténticos e rudos que sorprende ó París burgués pola súa linguaxe vulgar

Courbet foi o principal creador do realismo, realizou as súas primeiras creacións en 1848. Ideoloxicamente republicano e socialista a súa participación na Comuna de París en 1871 levaríao ó cárcere e despois ó exilio. A súa pintura diríxese ó pobo, ó proletariado campesiño e obreiro, que é á vez o seu modelo. A súa pintura ademais do realismo caracterízase polas formas poderosas, a composición compacta, cromatismo austero, efectos sobrios do clarescuro, técnica densa e pastosa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nun primeiro momento, pinta a paisaxe, especialmente os bosques de Fontainebleau e retratos, con algúns trazos románticos. Pero a partir de 1849 é decididamente realista. Courbet é o grande innovador do realismo. Escolle temas e personaxes da realidade cotiá, sen caer no "pintoresquismo". A súa técnica é rigorosa co pincel, co pincel plano e coa espátula. As súas referencias son os mestres do pasado como Velázquez, Zurbarán ou Rembrandt. O seu realismo convértese en modelo de expresión de moitos pintores, contribuíndo a enriquecer a obra de Cézanne.

Como os mestres antigos, Gustavo Courbet untaba a súa tea dun fondo sombrío e case negro, a partir do cal subía cara á claridade. Proudhon, o teórico socialista (e o home ao que admirou máis) querería facer dil un pintor proletariano pero excepto os rompedores de pedra, non hai obreiros sobre as súas teas e, en resumidas contas, ben poucos campesiños.

Courbet non herda de ninguén e non terá discípulo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gustave Courbet

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]