O acoirazado Potemkin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O acoirazado Potemkin
Título orixinal Броненосец «Потёмкин»
Vintage Potemkin.jpg
Póster do Acoirazado Potemkin
Ficha técnica
Director Sergei Eisenstein
Produtor Jacob Bliokh
Guión Nina Agadzhanova
Nikolai Aseyev
Sergei Eisenstein
Sergei Tretyakov
Baseado en
Intérpretes
Música
Fotografía Eduard Tisse
Montaxe
Estudio
Distribuidor Goskino
Ano 1925
Duración 69 minutos
País Unión Soviética Unión Soviética
Xénero Drama
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb
O acoirazado Potemkin

O acoirazado Potemkin (ruso: Броненосец «Потёмкин», Bronenosets Potyomkin) é un filme mudo soviético de 1925 dirixido por Sergei Eisenstein e producido por Mosfilm. Foi unha película de encarga para conmemorar os vinte anos da falida revolución de 1905.

O filme ten por base feitos reais que sucederon no porto de Odessa en 1905, os mariñeiros do Potemkin reveláronse contra os seus oficiais polos continuos maltratos. Cheo de imaxes expresivas cunha forte sensibilidade estética que está ao servizo dun significado político: O acoirazado Potemkin representa a magnificación da figura das masas formada por homes conscientes e as causas colectivas que poden transformar o mundo.

Póster do filme

O filme componse de cinco episodios:

  • Homes e vermes (Люди и черви)
  • Drama no porto (Драма на тендре)
  • O morto clama vinganza (Мёртвый взывает)
  • A escaleira de Odessa (Одесская лестница)
  • Encontro coa escuadra {Встреча с эскадрой)

Considerado un dos máis influentes de todos os tempos, Eisenstein foi precursor no uso de efectos especiais, usou contrastes e relacións de corte e montaxe que aínda hoxe serven como base para a realización de filmes, unha das súas escenas converteuse nunha das máis famosas do cine, é o momento no que os cosacos disparan contra o pobo para que rematasen o seu apoio aos rebeldes, nese momento unha bala alcanza unha nai que corría cun carriño de bebé que cae escaleiras abaixo ao morrer a nai.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Masacre nas escaleiras de Odessa
  • Aleksandr Antonov como Grigory Vakulinchuk (Bolshevik Sailor)
  • Vladimir Barsky como Comandante Golikov
  • Grigori Aleksandrov como Oficial xefe Giliarovsky
  • Ivan Bobrov como Mariñeiro afogado mentres durmía (I. Bobrov)
  • Mikhail Gomorov como Mariñeiro militar
  • Aleksandr Levshin como Oficial axudante
  • N. Poltavseva como Muller con alicates
  • Konstantin Feldman como Estudante axitador
  • Beatrice Vitoldi como Muller co carriño de bebé

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O acoirazado Potemkin