Escultura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
A Venus de Milo no museo do Louvre en París. Exemplo de vulto redondo
Busto de Aristóteles.

A escultura é unha arte que representa imaxes plásticas de relevancia total ou parcial. Existen varias técnicas de traballar os materiais para a creación dun obxecto. A escultura é unha forma de expresión artística en tres dimensións o vulto redondo, ou de relevo, altorrelevo ou baixorrelevo. As técnicas escultóricas consisten principalmente en retirar ou xuntar ou moldear materia ou ben dando forma a un obxecto, sexa cal for a súa dimensión ou material usado.

Técnicas[editar | editar a fonte]

Existen fundamentalmente tres maneiras de abordar a creación dunha obra tridimensional, o modelado, a talla e o ensamblado.

  • O modelado : o método consiste en engadir ou retirar materia arredor dun ou varios centros que se tornarán "a alma" da escultura. Esta técnica de modelado aplicase nos materiais ditos "plásticos", é dicir susceptíbeis de se deformar de xeito reversíbel baixo o efecto de forzas mínimas (arxila, cera, escaiola e outras pastas diversas). En todo momento, a materia pode ser retirada ou engadida, os trasacordos están autorizados (ata un cero punto, porén). A elasticidade dos materiais permite rexistrar as impresións máis fuxidías cunha total liberdade. A limitación principal do material reside na súa resistencia con frecuencia abondo feble. O secado lento da escultura é a etapa seguinte para a arxila e la escaiola, o arrefriado para a cera e a cocción para a arxila seca.
  • A talla : hai dúas técnicas fundamentais para traballar deste xeito : a talla directa, ou desbastado, e a talla de posta a punto.
  • O ensamblado : e a técnica que consiste en unir pezas diversas dun mesmo ou distintos materiais.

Nos seus últimos escritos, Joan Miró afirmou aínda que no futuro, se podería imaxinar esculturas que utilizasen os gases como material. Facéndolle eco, Louis Leygue, no seu discurso de recepción en honra de Nicolas Schöffer, como membro Academia "des Beaux-Arts", definía así a escultura :

«A escultura pode realizarse consonte tres procedementos : o que consiste en despoxar de materia un bloque compacto, esoutro que consiste en modelar unha materia mol para crear formas, e en fin aqueloutro que consiste en fabricar o que un queira realizar. »

Materiais[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, os materiais utilizados na escultura son polo xeral de orixe mineral, a pedra (mármore, granito ou pedra de gra, calcaria, xade), a arxila (caolín, barro), pasta Fimo, que se secan nun forno ou as arxilas que secan ao aire libre en 24 h., mais poden tamén ser metais (bronce, ferro, aceiro, aluminio, estaño, etc.) ou mesmo de orixe animal como o almafí, ou vexetal como a madeira, e aínda certas froitas, legumes ou cucurbitáceass (a cabaza de Halloween). A escultura moderna e contemporánea utiliza tamén o téxtil (de feito utilizado desde o século XVI), o vidro, o sal, a area (cfr. os castelos de area), o xeo, a auga, os cristais líquidos e outros materiais fabricados polo ser humano, de xeito que non importa moito cal sexa o obxecto empregado.

A escultura pode permanecer núa ou ser pintada (como as imaxes do Pórtico da Gloria con coloración hoxe practicamente desaparecida, como desapareceran os da fachada do Obradoiro) ou patinada.

Formas[editar | editar a fonte]

Lapita loitando con centauro. Métopa Sur 31, Partenón, circa 447-433 a. J.-C.
Temple de Denderah. Cleopatra e seu fillo Cesarión. Exemplo de baixorrelevo.

Distínguense dúas grandes categorías de esculturas : o relevo e o vulto redondo.

  • O relevo : é a escultura que permanece ligada a un fondo sólido, mais parte de ela se destaca ou sobresae dese fondo. Segundo o grao de proxección das figuras a respecto do fondo, os relevos son cualificados distintamente : le relevo esmagado (stacciato relievo) : o relevo moi feble. O contornos das figuras son apenas apreciábeis (p.ex.: certos relevos asirios).
    • O baixo-relevo (do italiano basso-relievo) : a proxección dunha figura por encima da superficie de fondo é inferior á metade do seu espesor. Diferenciase ás veces o semi-relevo (mezzo-relievo) : o avance da figura ao exterior con respecto ao fondo é igual ou lixeiramente superior àá metade do seu espesor.
    • O alto-relevo (italiano: alto-relievo)) : as formas son case completas en volume, porén permanecen aínda ligadas a un fondo. Algunhas partes (membros, cabeza) poden estar completamente libres.
  • A Entalladura' : relevo no que o obxecto está inciso no espesor da superficie de traballo. Esta técnica foi usada polos exipcios, de onde vén que ás veces se denomine "relevo exipcio", pero, en realidade, xa se utilizara no Paleolítico Superior.
  • O vulto redondo: trátase dunha escultura concibida de xeito que pode ser observada desde todos los lados. Ou desde case todos os lados : o vulto redondo repousa sobre o chan e con frecuencia está colocado nun nicho.

Lémbrese a un Michelangelo a xogar con estes dous principios, executando estatuas nas que as personaxes emerxen do bloque de mármore, mais non completamente.

Outras formas[editar | editar a fonte]

Algunhas formas comúns de esculturas occidentais son:

  • O busto, representación dunha persoa desde o torso para arriba.
  • A escultura ecuestre, mostra unha persoa significada da cabalo.
  • Fonte ou chamariz: a escultura está deseñada con auga móbil.
  • Xoiaría, calquera tipo de ornamento persoal realizado con pedras ou metais preciosos ou incluso materiais máis pobres.
  • Móbil, material susceptíbel de moverse ou ser movido (material cinético).
  • Instalación(inglés: Site-Specific Art),forma tridimensional complexa, ligada dun xeito permanente a un espazo aberto ou pechado, no que poden incluírse elementos como o tempo, iluminación, son, mass-media e compoñentes cinéticos
  • Estatua

Ata certo punto a maioría da arte pública é escultura.