Georges Braque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tumba de Georges Braque

Georges Braque, nado o 13 de maio de 1882 e finado o 31 de agosto de 1963, foi un pintor e escultor francés, con Pablo Picasso un dos inventores do cubismo.

[editar] Traxectoria

Georges Braque naceu na Argenteuil-sur-Jábega, Francia. Medrou en Le Havre e estudou polas tardes na École de Beaux-Artes de 1897 a 1899.

Estudou en París cun decorador e recibiu o seu título de escultor no ano 1901. Ao ano seguinte comezou a frecuentar a "Academie Humbert", pintando alí ata o ano 1904, lugar onde coñeceu a Marie Laurencin e a Francis Picabia. No outono de 1907, coñeceu a Picasso, a quen veu case diariamente ata 1914, cando pola Primeira Guerra Mundial se tiveron que separar.

Braque foi mobilizado e ferido na cabeza en 1915, recibiu a Cruz de Guerra e a Lexión de Honra. Durante dous anos, debido ás súas feridas non puido pintar.

[editar] Véxase tamén

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas