Man Ray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Man Ray en París en 1934.

Man Ray (Emmanuel Rudzitsky, ou Rudnitsky ou Radnitzky, ou tamén Radenski) nado en Filadelfia (Pensilvania) o 27 de agosto de 1890 e finado en París o 18 de novembro de 1976, foi pintor, fotógrafo e director de cine estadounidense, actor do dadaísmo en Nova York e do surrealismo en París.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira comeza en Nova York; xunto co seu amigo Marcel Duchamp forma a rama americana do movemento Dada. Despois dalgunhas experiencias artísticas infrutuosas, en particular unha publicación sobre o Dada en Nova York en 1920, Man Ray chega á conclusión de que «Dada non pode vivir en Nova York».

O 14 de xullo de 1921 chega ao Havre (Sena Marítimo) e diríxese a París onde é acollido por Marcel Duchamp. A mesma noite preséntano aos surrealistas Louis Aragon, André Breton, Paul Éluard e Gala, Théodore Fraenkel, Jacques Rigaut e Philippe Soupault. Instálase no barrio de Montparnasse e enamórase da cantante francesa e modelo Kiki de Montparnasse. Tamén coñece o modista Paul Poiret. Realiza numerosas fotografías de moda que son publicadas en revistas. Con Jean Arp, Max Ernst, André Masson, Joan Miró e Pablo Picasso presenta as súas obras á primeira exposición surrealista da galería Pierre en París, en 1925.

En Montparnasse, durante trinta anos, Man Ray revoluciona a arte fotográfica. Os grandes artistas da súa época posan para el, como James Joyce, Gertrude Stein ou Jean Cocteau. En 1934 Meret Oppenheim posa núa para el, resultando unha das súas serie de fotos máis famosa.

En 1940, tras a derrota de Francia, Man Ray consigue chegar a Lisboa e embarca para Estados Unidos xunto con Salvador Dalí, Gala e o cineasta René Clair. Chegado a Hollywood recibe proposicións de exposicións e decide volver pintar.

Falecido en París en 1976, foi inhumado no cemiterio de Montparnasse e na súa tumba pódese ler o epitafio: «Unconcerned, but not indifferent» (Desapegado, pero non indiferente).

Obra[editar | editar a fonte]

Fotografía[editar | editar a fonte]

  • Numerosos retratos, en particular de Marcel Duchamp (1916), Tristán Tzara (1921), a marquesa Casati (1922), Francis Picabia (1924), Jean Cocteau (1924), Antonin Artaud (1926), Kiki de Montparnasse (1926), André Breton (1930), Lee Miller (1930), Salvador Dalí e Gala (1936), Juliet (1945).
  • Enigme d'Isidore Ducasse', 1920
  • Élevage de poussière, 1920 (Museo de Arte de Toulon)
  • Le Violon d'Ingres, 1924
  • Noire e Blanche, 1926
  • African sculpture on lying women, 1930
  • Jeu d'échecs surréaliste, 1934, 20 retratos de artistas surrealistas

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Le Retour à la raison, 1923
  • À quoi rêvent les jeunes filles, 1924
  • Emak-Bakia, 1926
  • L'Étoile de mer, 1928
  • Les Mystères du château de Dé, 1929
  • Essai de simulation de délire cinématographique, 1935