Arte exipcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha das características do Antigo Exipto é a súa senlleira arte, con obras monumentais que xeralmente tiñan carácter simbólico funerario ou relixioso.

Malia ser o concepto de Arte moderno, é perfectamente utilizable na arquitectura, escultura, pintura e xoiaría exipcias, sendo moitas das súas realizacións auténticas obras de arte e non sinxelos traballos de artesanía.

Grazas ao seco clima de Exipto e ao ser soterradas pola area do deserto (ou polos seus propietarios, para gozar delas na "outra vida") chegaron ata o día de hoxe en aceptable estado de conservación multitude de auténticas obras de arte, a pesar da utilización dos monumentos como canteiras, as guerras ou os innumerables saqueos de tumbas e templos.

Paleta de Narmer Reprodución do Museo Real de Ontario

Primeiras manifestacións[editar | editar a fonte]

As expresións artísticas exipcias máis antigas clasifícanse nas seguintes etapas: Período Neolítico (5300-4000 a. C.), período Badariense (4400-4000 a. C.), Nagada I - Amratiense (4000-3500 a. C.), Nagada II - Gerzeense (3500-3200 a. C.) e Nagada III (3200-3000 a. C.)

  • Nestes períodos predomina a pintura decorativa (en cerámicas) ou simbólica (en tumbas) e pequenos obxectos de carácter utilitario e máxico. Destacan as vasillas de pedra, as "mazas" e "paletas" votivas, como a de Narmer.

Período Dinástico (c. 3000 a 30 a. C.)[editar | editar a fonte]

Asombra a perfección, delicadeza e monumentalidade da arte exipcia, cun estilo característico que xorde nos primeiros séculos e permanece case inalterado en tres milenios de cultura.

Pintura e baixorrelevos

Baixorrelevo, Louvre

Caracterízase principalmente por presentar figuras xustapostas en planos superpostos. As imaxes represéntanse con criterio xerárquico, por exemplo: o faraón ten un tamaño máis grande cós súbditos ou os inimigos que están ao seu carón.

Predominaba o "canon de perfil" que consiste en representar a cabeza e as extremidades de perfil mais os ombreiros e os ollos de fronte. As pinturas atópanse en papiros e paredes de tumbas, os baixorrelevos principalmente nos muros dos templos. As escenas máis típicas eran as da vida cotiá ou as do "Alén".

Escultura

Comeza a representarse a faraóns e deuses xa nas primeiras dinastías, acadándose durante a cuarta dinastía o dominio absoluto da técnica en elegantes representacións de porte maxestosa con acabados pulidos en materiais tan duros coma o granito ou a diorita. Predominaba a "lei da frontalidade", que consistía en concibir as figuras de reis e deuses para ser vistas de fronte, idealizadas e con forte simetría. As representacións dos cortesáns sempre eran máis reais. Tamén, no período de Amarna representouse á familia real de forma máis realista.

Arquitectura

A arquitectura relixiosa exipcia caracterízase pola súa monumentalidade a partir do Imperio Antigo, co emprego de pedra, en grandes bloques, sistema construtivo adintelado e sólidas columnas. Na arquitectura civil empregouse profusamente o adobe en vivendas, palacios, fortalezas e murallas, perdurando escasos restos.

Xorde nunha sociedade cun poder político fortemente centralizado e xerarquizado, cunha concepción relixiosa de inmortalidade, ao principio só do faraón, que debía reflectir coa súa magnificencia e durabilidade.

Conséguese grazas aos coñecementos matemáticos e técnicos, ás veces desconcertantes para a época, a existencia de artistas e artesáns moi experimentados, ben organizados e a abondosidade de pedra doadamente tallable.

As construcións máis orixinais da arquitectura exipcia monumental son os "complexos das pirámides", os templos e as tumbas (mastabas e hipoxeos)

Imperio Antigo (c. 2700-2200 a. C.)[editar | editar a fonte]

Neste período comézase a erixir enormes edificacións, construídas con grandes bloques de pedra tallada. É a época da construción de inmensas pirámides, templos cerimoniais e belas esculturas.

Durante a Dinastía III eríxese:

Na Dinastía IV constrúense as maiores pirámides. Destacan:

Imperio Medio (c. 2040-1795 a. C.)[editar | editar a fonte]

Constrúense pirámides con materiais máis perecedoiros (adobe). Os hipoxeos van substituíndo ás mastabas como tumbas.

A escultura caracterizouse por un maior realismo, sobre todo nos retratos. A realeza era representada como personalidades de alto rango, mais sen chegar a ser xa a imaxe dun deus na Terra, como acontecía no Imperio Antigo. Este mesmo criterio seguiuno a nobreza exipcia. Nos templos prodigouse o baixorrelevo polícromo. A pintura foi empregada profusamente na decoración de tumbas.

A literatura exipcia acado o seu cenit coa Historia de Sinuhé e os Textos dos Sarcófagos.

Imperio Novo (c. 1570-1070 a. C.)[editar | editar a fonte]

Saliéntase a construción de templos e hipoxeos. Entre eles destacan:

Período Tardío (c. 672-332 a. C.)[editar | editar a fonte]

Durante a dinastía saíta imítanse os modelos do Imperio Antigo, xeneralizándose o emprego de bronce nas estatuas. Desenvolveuse axiña o demótico.

Os reis persas da primeira dominación respectaron os costumes exipcios, impulsando a restauración dalgúns templos exipcios. As linguas empregadas foron o demótico e o arameo, usándose os xeroglíficos só en elementos de arquitectura.

Retrato. O Fayum

Dominación greco-romana (332-30 a. C.)[editar | editar a fonte]

Dende o final do Imperio Novo os exipcios foron gobernados nalgúns períodos por reis doutras nacións pero mantiveron a súa cultura e costumes artísticos até a época de dominación romana.

Durante o período ptolemaico produciuse un gran desenvolvo da arte, construíronse novos templos, o Museo e a Biblioteca de Alexandría, e o Faro de Alexandría. Produciuse a helenización das formas na escultura.

Manetón escribiu o seu libro sobre a historia de Exipto.

Destacan os templos erixidos ou completados durante a dinastía Ptolemaica

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arte exipcia Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aldred, Cyril: 1993 El Arte Egipcio. Destino. Barcelona
  • Baines, John & Malek, Jaromir: 1988 Egipto, dioses, templos y faraones. Círculo de Lectores. Barcelona
  • Desroches Noblecourt, Christiane: 1967 El arte egipcio. Plaza y Janes. Barcelona
  • Donadoni, Sergio: 2001 El arte Egipcio. Istmo. Madrid
  • James, T. G. H.: 1999 La pintura Egipcia. Akal. Madrid
  • Manniche, Lise.: 1997 El arte Egipcio. Alianza. Madrid
  • Michalowski, K.: 1977 Egipto, arte y civilización. Gustavo Gili, Barcelona
  • Wildung, Dietrich: 2001 Egipto. De la prehistoria a los Romanos. Taschen. Köln
  • Wilkinson, Richard. H.: 2002 Los Templos del Antiguo Egipto. Destino. Barcelona
  • Wilkinson, Richard. H.: 1995 Cómo leer el arte egipcio. Crítica. Barcelona

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]