René Magritte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de René Magritte por Lothar Wolleh

René François Ghislain Magritte, nado en Lessines o 21 de novembro de 1898 e finado en Bruxelas o 15 de agosto de 1967, foi un dos principais artistas surrealistas belgas, xunto con Paul Delvaux.

Índice

[editar] Traxectoria

René Magritte naceu en Lessines, o día 21 de novembro de 1898. En 1912, a súa nai suicidouse no río Sambre.

En 1916, ingresou na Académie Royale des Beaux-Arts, en Bruxelas, onde estudou durante dous anos. Foi durante ese período cando coñeceu a Georgette Berger, con quen casou en 1922.

René traballou nunha fábrica de papel de Parede, e foi deseñador de carteis e de publicidade ata 1926, cando un contrato coa Galerie la Centaure, na capital belga, fixo da pintura a súa principal actividade. Nese mesmo ano, Magritte produciu a súa primeira pintura surrealista, Le jockey perdu, tendo a súa primeira exposición ó ano seguinte.

En 1927 mudou a París, onde comezou a desenvolverse nas actividades do grupo surrealista, volvéndose grande amigo dos poetas André Breton e Paul Éluard e do pintor Marcel Duchamp.

Cando a Galerie la Centaure pechou o seu contrato rematou, retornando Magritte a Bruxelas. Alí permaneceu durante a ocupación alemá durante a Segunda Guerra Mundial.

O seu traballo foi exposto en 1936 na cidade de Nova York, Estados Unidos, en dúas exposicións retrospectivas, unha no Museu de Arte Moderna, en 1965, e outra no Metropolitan Museum of Art, en 1992.

Magritte morreu de cancro e foi soterrado no Cemiterio Schaarbeek, na cidade de Bruxelas.

[editar] Obra

Magritte foi un pintor de imaxes insólitas, as cales deu tratamento rigorosamente realista, empregou procesos ilusionistas, sempre á procura do contraste entre o tratamento realista dos obxectos e a atmosfera irreal dos conxuntos.

As súas obras son metáforas que se presentan como representacións realistas, através da xustaposición de obxectos comúns, e símbolos recorrentes na súa obra, tales como o torso feminino, o chapeu coco, o castelo, a rocha e a xanela, entre outros, dun xeito imposibél de ser atopado na vida real.

[editar] Obras principais

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas