Vincent van Gogh
| Vincent Willem van Gogh | |
|---|---|
Autorretrato de Vincent van Gogh |
|
| Nome | Vincent Willem van Gogh |
| Nacemento | 30 de marzo de 1853 |
| Lugar de nacemento | Zundert |
| Morte | 29 de xullo de 1890 |
| Lugar de morte | Auvers-sur-Oise |
| Nacionalidade | holandés |
| Eido | Pintura |
| Movemento | Posimpresionismo |
| Traballos | Os comedores de patacas Os xirasois A noite estrelada Iris Retrato de Dr. Gachet O cafe de noite |
| Influenciado por | Anton Mauve, Jean-François Millet, Adolphe Joseph Thomas Monticelli, Impresionismo, Ukiyo-e |
Vincent Willem van Gogh (en neerlandés
Vincent van Gogh (axuda · info) [ˈvɪnsɛnt fɑn'xɔx]), nado o 30 de marzo de 1853 en Zundert e morto o 29 de xullo de 1890 en Auvers-sur-Oise, foi un pintor neerlandés e figura destacada do Posimpresionismo.[1] Pintou 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán menor Theo, quen continua e desinteresadamente prestoulle apoio financeiro. A gran amizade entre eles está documentada nas numerosas cartas que se intercambiaron desde agosto de 1872. Para Theo foron unhas 650 das súas 800 cartas conservadas; as outras son correspondencia con amigos e familiares.
A pesar da calidade da súa obra, houbo que esperar á súa morte para que os méritos lle foran recoñecidos e se convertera nunha gran figura da pintura. Tivo unha gran influencia na arte do século XX, especialmente entre os fauvistas e os expresionistas alemáns.[2] A súa arte foi seguido por Derain, Vlaminck e Van Dongen.[3]
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo dun pastor protestante holandés, foi moi temperamental dende a súa infancia. Foi mestre de francés, traballou nunha galería de arte, estudou teoloxía e foi evanxelizador denantes de dedicarse á pintura pouco antes de cumprir os trinta anos de idade.
Viviu a maior parte da súa vida en Francia e en 1886 mudouse a París, para vivir xunto ao seu irmán menor Theo Van Gogh, quen sería o soporte mais forte da súa vida e das súas aspiracións artísticas. Van Gogh, como moitos pintores da época admiraba a arte xaponesa-cífrense: Hokusai, Hiroshige, Utamaro..., proba disto son as réplicas que realizou de gravados xaponeses e algunhas pinturas que reproducen pinturas dese país á maneira escenográfica.
En 1888 instalouse en Arlés ao sur de Francia, coa intención de crear un taller de artistas. Paul Gauguin desprazouse ata alí e pasaron xuntos unha tempada, na cal as desordes mentais de Vincent impediron que a relación se mantivera. Un día Gauguin saiu a camiñar, en certo momento sentiu pasos tras el, ao virarse descubriu a Van Gogh que se achegaba a el de maneira agresiva. Ao verse descuberto, Van Gogh retirouse e Gauguin proseguiu o seu camiño. Ao regresar Gauguin ao estudo que compartían atopou a Van Gogh sangrante tras terse amputado unha orella, que quixo regalar a Paul. Este máis tarde regalaríalla a unha prostituta.
Os derradeiros anos de Van Gogh estiveron marcados polos seus permanentes problemas mentais, que o levaron a ser recluido en sanatorios mentais. Pero, a estreita relación co seu irmán, quen sostiña a Vincent economicamente, alentábao moralmente. O seu comportamento agresivo e solitario fixo del un paria dos diferentes sitios onde habitaba[Cómpre referencia] e fíxolle vivir unha vida de frustracións amorosas ao ser rexeitado por cada unha das súas pretendidas[Cómpre referencia].
Finalmente, un día de verán saíu a camiñar polo campo, disparouse cunha arma de fogo no peito e regresou ao seu cuarto para morrer un día despois, deixando inacabado o cadro chamado "Os Corvos". Antonin Artaud, cun extenso poema en prosa, dános a noción da calidade de Van Gogh; bástenos ler algúns fragmentos do mesmo poema: "...Regreso o cadro dos corvos; ¿quen veu como, nese cadro, equivale a terra ó mar?(...)o mar é azul pero non dun azul de auga senon de pintura líquida(...)Van Gogh retornou as cores á natureza, pero, a el, ¿quen llos devolverá?(...) aquel que soubo pintar tantos soles embriagados sobre tantas parvas sublevadas, o Café de Arlès, a recolección das olivas, os aliscampos;...'A ponte', sobor unha auga onde se ten o irrefreable desexo de afundir o dedo nun movemento de regresión violenta á infancia,(...)".
Moitos historiadores comparten a teoría de que a súa tolemia podería deberse a que na súa infancia tivo que convivir xunto á tumba dun irmán que morreu antes do seu nacemento e o cal se chamaba coma el: Vincent van Gogh[Cómpre referencia].
Obra [editar]
Van Gogh produciu todo o seu traballo (unhas 900 pinturas e 1100 debuxos) durante un período de tan só 10 anos ata que sucumbiu á doenza mental (posibelmente desorde bipolar). A súa fama medrou rapidamente despois da súa morte, grazas á promoción da esposa de Theo que, aínda que non tivo unha boa relación con Vincent, resultou ser a única herdeira de toda a súa obra tras a morte do seu esposo, ocorrida pouco despois da de Vincent. O maior impulso da súa obra veu especialmente despois dunha mostra de 71 das súas pinturas, en París o 17 de marzo de 1901 (11 anos despois da súa morte).
A influencia de Van Gogh no expresionismo, fauvismo e os comezos do abstraccionismo foi enorme, e podese notar en moitos outros aspectos da arte do século XX. O Museo Van Gogh en Amsterdam dedicase ao traballo de Van Gogh e aos dos seus contemporáneos. O museo de Kröller-Müller en Otterlo (tamén nos Países Baixos) ten unha colección considerable das pinturas de Vincent van Gogh.
Varias das pinturas de Van Gogh están entre as pinturas mais caras do mundo. O 30 de marzo de 1987 a pintura "Lírios" de Van Gogh foi vendida por un valor récord de $53,9 millóns en Southeby's, Nova Iorque. No 15 de maio de 1990 o seu "Retrato do Dr. Gachet" foi vendido por $82,5 millóns en Christie's, establecendo dese modo un novo prezo récord.
Notas [editar]
- ↑ Rewald, John. Post-Impressionism: From van Gogh to Gauguin, edición revisada, Secker & Warburg, 1978. ISBN 0-436-41151-2
- ↑ Walther, Ingo 2000, pàg. 7
- ↑ Historia del Arte Espasa 2000, pàg. 1153
Bibliografía [editar]
- DDAA (2004). Historia del Arte Espasa. Barcelona, Espasa-Calpe. ISBN 84-670-1323-0 (en castelán).
- Frank, Herber (1988). Van Gogh. Barcelona, Salvat Editors. ISBN 84-345-8702-5 (en castelán).
- Lecaldano, Paolo (1976) (en castellà). La obra pictórica completa de Van Gogh. Vol. 1. Noguer. ISBN 9788427987326. http://books.google.cat/books?id=kJuaAAAACAAJ. Consultado o 23 Abril 2011.
- López Blázquez, Manuel i Rebull Trudell, Melania (1995). Van Gogh 1853-1890. Madrid, Globus. ISBN 84-8223-116-2 (en castelán).
- Mathey, François (1957). Van Gogh: Auvers-sur-Oise. Barcelona, Editorial Gustavo Gili. (en castelán).
- Frank, Herber (1988). Van Gogh. Barcelona, Salvat Editors. ISBN 84-345-8702-5 (en castelán).
- Monneret, Sophie (1991). L'Impressionnisme et son époque. Volum II. Paris, Robert Laffont. ISBN 222105413 X (en francés).
- Van Gogh, Vicent (1992). Cartas a Théo. Barcelona, Editorial Labor. ISBN 84-335-3505-6 (en castelán).
- Walther, Ingo (2000). Vincent van Gogh 1853-1890. Germany, Taschen. ISBN 3-8228-6193-6 (en castelán).
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Impresionismo
- Posimpresionismo
- Paul Cézanne
- Harry Lachman
- Henri Rousseau
- Paul Gauguin
- Henri de Toulouse-Lautrec
- Paul Gauguin
Ligazóns externas [editar]
- Vincent van Gogh Gallery. Obras e traballo completos de Vincent van Gogh.
- Van Gogh Letters As cartas completas de Van Gogh, traducidas ó inglés. Publicadas polo Van Gogh Museum.
- Johanna Gesina van Gogh-Bonger, Memoria de Vincent van Gogh
- Memoria de Vincent van Gogh. Por Johanna Gesina van Gogh-Bonger.
- Museo Van Gogh, Ámsterdam, Países Baixos.
- Ficha no MOMA
- Traballos de e sobre Vincent van Gogh nas librarías (catálogo WorldCat)
- Van Gogh at the National Gallery of Art, Washington, D.C., Estados Unidos.
- Painted with Words: Vincent van Gogh's Letters to Emile Bernard The Morgan Library & Museum
- Union List of Artist Names, Getty Vocabularies.