Henri Matisse
| Henri Matisse | |
|---|---|
Matisse o 20 de maio de 1933 |
|
| Nome | Henri-Émile-Benoît Matisse |
| Nacemento | 31 de decembro de 1869 |
| Lugar de nacemento | Le Cateau-Cambrésis |
| Morte | 3 de novembro de 1954 |
| Lugar de morte | Niza |
| Nacionalidade | francés |
| Eido | pintura |
| Movemento | fauvismo, impresionismo e puntillismo |
| Traballos | La femme au chapeau (1905) |
| Influenciado por | John Peter Russell, Cézanne, Gauguin, van Gogh, Signac |
| Influenciado | Hans Hofmann, David Hockney, Tom Wesselmann |
Henri Matisse ou Henri-Émile-Benoît Matisse nado o 31 de decembro de 1869 en Le Cateau-Cambrésis (Francia) e finado o 3 de novembro de 1954 en Niza (Francia), foi un pintor, escultor e deseñador francés que destacou por un uso característico da cor e por un debuxo fluído, brillante e orixinal. Como debuxante, gravador e escultor, pero principalmente como pintor[1] , Matisse é comunmente considerado, xunto con Picasso e Marcel Duchamp, como un dos tres artistas que axudaron a definir os acontecementos revolucionarios nas artes plásticas nas primeiras décadas do século XX, responsables de importantes avances na pintura e a escultura.[2][3][4][5] Aínda que é considerado como o máximo representante do fauvismo, estilo que cultivou nos seus primeiros anos, tamén foi aclamado como un dos representantes da tradición clásica na pintura francesa.[6]
Primeiro traballou nun estilo académico e posteriormente cultivou o impresionismo, o puntillismo, e o fauvismo, do que foi mestre de escola; continuou sempre, dentro dunha heterodoxia, fiel ao fauvismo . O 1917 iniciou unha etapa naturista, de cores claros e luminosos abandonando as investigacións. Máis adiante volveu a novas investigacións de simplificación, buscando acordos cromáticos novos e máis forza na liña e a cor. Posteriormente acentuou a audacia das cores fortes, por contraste de tons ou establecendo unha unidade de cor. Cara ao final da súa vida practicou técnicas como a dos papiers col instalase. Tamén practicou o debuxo ao lapis e a pluma. Como gravador ten máis de cincocentas obras catalogadas en diferentes técnicas, e ilustrou importantes obras literarias francesas.[7]
Índice |
Traxectoria [editar]
Primeiros anos e formación [editar]
O seu nome de nacemento foi Henri-Émile-Benoît Matisse, e naceu en Le Cateau-Cambrésis, na rexión de Nord-Pas-de-Calais, Francia. Fillo primogénito dunha familia de comerciantes de sementes, criouse en Bohai-en-Vermandois, no noreste de Francia, onde os seus pais tiñan o negocio; este feito pode explicar o seu interese posterior de representar varias plantas nos motivos téxtiles. En 1887 foise a París para estudar dereito, traballando como pasante nun tribunal no seu pobo natal, Le Cateau-Cambrésis, tras gañar a praza nun concurso. O 1889 empezou a pintar, todo empezou durante un período de convalecencia, logo de sufrir un ataque de apendicite que lle obrigou a gardar repouso durante semanas, para que se distraese a súa nai levoulle utensilios de pintura. Como el vai a describir máis tarde, descubriu "unha especie de paraíso",[8]. Tras recuperarse da enfermidade, mentres retoma os estudos de dereito, vai a matricularse na escola de debuxo de Quentin de La Tour para diseñadores da industria téxtil.
O 1890, abandonou os estudos de dereito para dedicarse á pintura e á escultura; decidira converterse nun artista, aínda que esta decisión decepcionó profundamente ao seu pai.[9][10] Ao ano seguinte, en 1891, trasladouse a Parides, onde foi admitido na Académie Julian. Máis tarde, en 1895, asistiu ao taller de Gustave Moreau. Inicialmente pintaba naturezas mortas e paisaxes, no máis tradicional estilo flamenco, e era un admirador de Chardin, un dos seus pintores preferidos, como estudante chegou a facer catro copias de obras de Chardin que se expoñían no museo do Louvre.[11] No taller de Gustave Moreau coñeceu Georges Rouault e Albert Marquet, e naquela época visitou exposicións de artistas destacados como Corot e Cézanne.
En 1896, Matisse expuxo por primeira vez no Salon des Cent e no Salón da Société Nationale des Beaux-Arts. Foron cinco cadros e o estado comproulle dúas das súas pinturas.[12] A proposta de Pierre Puvis de Chavannes, converteuse nun membro asociado da Société Nationale des Beaux-Arts, esta situación permitiulle poder expoñer sen ter que superar a aprobación por parte dun xurado.
Descubrimento do impresionismo [editar]
En 1897 e 1898, visitou o pintor australiano John Peter Russell en Belle-Île-en-Mer, na costa de Bretaña. Russell mostroulle o que era o impresionismo e o traballo de Vincent van Gogh, que fora un bo amigo de Russell, e que era completamente descoñecido nese momento. Influído por Russell e a súa mestría, o estilo de Matisse cambiou completamente; posteriormente comentou: "Russell foi o meu mestre, e el enseñoume a teoría da cor." A través del coñeceu a Rodin e Pissarro e puido gozar da pintura impresionista existente no Museo de Luxemburgo.
Notas [editar]
- ↑ Myers, Terry R. (xullo–agosto 2010). The Brooklyn Rail. http://brooklynrail.org/2010/07/artseen/matisse-on-the-move.
- ↑ "Tate Modern: Matisse Picasso". Tate.org.uk. http://www.tate.org.uk/whats-on/tate-modern/exhibition/matisse-picasso. Consultado o 15-12-2012.
- ↑ Adrian Searle (7 May 2002). "Searle, Adrian, A momentous, tremendous exhibition, The Guardian, Tuesday 7 May 2002". Guardian (UK). http://www.guardian.co.uk/culture/2002/may/07/artsfeatures. Consultado o 15-12-2012.
- ↑ "Trachtman, Paul, Matisse & Picasso, Smithsonian, February 2003". Smithsonianmag.com. http://www.smithsonianmag.com/arts-culture/matisse.html. Consultado o 15-12-2012.
- ↑ "Duchamp's urinal tops art survey". news.bbc.co.uk. 1 decembro 2004. http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/4059997.stm. Consultado o 15-12-2012.
- ↑ Wattenmaker, Richard J., Distel, Anne, et al. (1993). Great French Paintings from the Barnes Foundation. Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-679-40963-7. pàg. 272
- ↑ «Matisse» a Gran Enciclopèdia Catalana. Accés el 27-04-2009.
- ↑ Leymarie, Jean; Read, Herbert; Lieberman, William S. (1966). Henri Matisse, UCLA Art Council, pàg. 9.
- ↑ Bärbel Küster. "Arbeiten und auf niemanden hören." Süddeutsche Zeitung, 6 de xullo de 2007. (en alemán)
- ↑ The Unknown Matisse..., ABC Radio National, 8 de xuño de 2005
- ↑ Hilary Spurling. The Unknown Matisse: A Life of Henri Matisse, the Early Years, 1869-1908, pàg. 86. Accés online el 15-07-2007
- ↑ Henri and Pierre Matisse, Cosmopolis, núm. 2, Gener de 1999.
Ligazóns externas [editar]
- The Dance II. 1932. The Barnes Foundation, Merion Station
- Museu Matisse a Niça
- "Henri Matisse" a Museum of Modern Art (MoMA)
- "Matisse Gallery" a Artst
- "Henri Matisse" a CGFA
- Current exhibitions and connection to galeries at Artfacts.Net
- "Henri Matisse Gallery" a MuseumSyndicate
- "Matisse" a Artchive.
- "Henri Matisse" a Olga's Gallery (158 pintures).
- Matisse-Picasso
- Henri Matisse: A Virtual Art Gallery
- Dance (I) a la MoMA Online Collection
- "Matisse" a Philo
- "The Cone Sister Collection" a The Baltimore Museum of Art
- The Morozov-Shchukin collections
- Flam, Jack. Matisse in the Cone Collection, Baltimore Museum of Art, 2001 ISBN 0-912298-73-1
- "Matisse" a Statens Museum for Kunst ("The Danish National Gallery")
- Henri Matisse: Life and Work, 500 imatges d'alta resolució.
- Artists Rights Society, Matisse's U.S. Copyright Representatives
- Hillary Spurling. Matisse's pajamas (article online)