Rapa das bestas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A rapa das bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crin dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.

A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da Rapa das Bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.

Principais rapas das bestas[editar | editar a fonte]

Lugar Concello Provincia mes data
Curro da Valga Oia Pontevedra maio 2º domingo
Curro de Torroña Oia Pontevedra xuño 1º domingo
Curro de Mougás Oia Pontevedra xuño 2º domingo
Curro de Morgadáns,
Monte Galiñeiro
Gondomar Pontevedra xuño 3º domingo
Curro de San Cibrao,
Donas
Gondomar Pontevedra xuño 4º domingo
Curro da Capelada Cedeira A Coruña xuño derradeiro domingo
Curro de Campo do Oso,
A Pastoriza
Mondoñedo Lugo xuño derradeiro domingo
Curro de Paiosaco Laracha A Coruña xullo día 1
Curro de Sabucedo,
San Lourenzo de Sabucedo
A Estrada Pontevedra xullo 1º sábado e os dous días seguintes
Curro de Candaoso,
Montes de Buio,
San Andrés de Boimente
Viveiro Lugo xullo 1º domingo distinto do día 1
Curro de Amil Moraña Pontevedra xullo 2º domingo
Curro de Monte Castelo Cotobade Pontevedra xullo 2º domingo
Curro das Cañizadas A Pobra do Caramiñal A Coruña xullo 2º domingo / día 12 ou 19
O Galiñeiro Gondomar Pontevedra xullo 2º domingo
Curro de San Tomé Valadouro Lugo agosto 1º domingo
Curro de Couselo Cuntis Pontevedra agosto 1º domingo
Curro de Paradanta,
Luneda
A Cañiza Pontevedra agosto 4º domingo
Curro da Escusa Poio Pontevedra agosto finais (ou comezo de setembro)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rapa das bestas

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]