O Milladoiro, Biduído, Ames
| O Milladoiro | |
|---|---|
| Parroquia | Biduído |
| Concello | Ames |
| Poboación | 11.789 hab. (ano 2011) |
O Milladoiro é un núcleo de poboación da parroquia de Biduído, no concello coruñés de Ames, o concello galego co menor promedio de idade. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña unha poboación de 11.789 habitantes (5.654 homes e 6.135 mulleres), o que supón un aumento de 2.174 persoas máis que no ano 2007.
Índice |
Características [editar]
Orixinariamente un grupo de aldeas -Seidón, A Madalena, O Milladoiro- experimentou, a partir do ano 1970, un progresivo crecemento en vivendas, dado o seu menor prezo en comparación coas situadas no veciño concello de Santiago de Compostela. O lugar está atravesado pola estrada N-550.
Esta poboación, situada na saída sur de Santiago, está dentro do término municipal de Ames e recorda co seu nome un dos famosos humilladoiros do camiño de Santiago. Neste caso serían os peregrinos que chegaban a Compostela polo mar os que se axeonllaban e humillaban, ao ver desde aquí por primeira vez as torres da basílica compostelá. Ou quizais sexa o recordo do lugar onde os peregrinos depositaban unha pequena proba da súa peregrinación o día no que «as pedras falen» no xuízo final. Hai incluso quen pensa que os peregrinos botaban pedras sobre os cadáveres aos que por algunha razón se lles negaba a sepultura eclesiástica.
O Milladoiro na cultura popular [editar]
- Véxote no Milladoiro,
- no Faramelo, en Padrón,
- e astra pola Ponte Valga
- te vexo no corazón.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Biduído [editar]
| Lugares da parroquia de Biduído no concello de Ames (A Coruña) | |
|---|---|
|
A Agrela | Biduído de Abaixo | Biduído de Arriba | Casanova | Coira | Costoia | Fraíz | Framil | A Igrexa | O Milladoiro | A Moniña | Paramuíño | Raíces | Ventín |