Furia Athlétic Club
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Nome | Furia Athlétic Club | ||
| Alcume(s) | Furia | ||
| Fundación | 20 de abril de 1996 (15 anos) | ||
| Estadio | Municipal de Campaña | ||
| Inauguración | |||
| Capacidade | |||
| Propietario | |||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | 2ª Autonómica - Grupo 5 | ||
| 2010/2011 | 1º | ||
| Vestimenta | |||
| Patrocinador | |||
| Web oficial | |||
|
|||
O Furia Athlétic Club é un club de fútbol galego, da parroquia de Campaña no concello de Valga. Foi fundado o 20 de abril de 1996, sendo o primeiro presidente Roxelio Losas Martínez.
Índice |
[editar] Historia
Na tempada 1996-97 tiña un equipo na categoría de afeccionados e dous nas categorías inferiores: un de infantís e outro de alevíns. Na actualidade ten catro equipos: afeccionados, xuvenís, infantís e benxamíns; aínda que chegou a contar con sete categorías: afeccionados (masculino e feminino), xuvenís, cadetes, infantís, alevíns e benxamíns.
Logrou o campionato de liga infantil nas tempadas 1998-99, 2000-01 e 2003-04, campionato de liga xuvenil 2003-04, campionato da liga cadete 2005-06 e campionato da liga de terceira autonómica 2006-07. Na tempada 2010-2011 volve a conseguir gañar a liga de terceira autonómica, co que acada o ascenso a segunda autonómica.
Entre o ano 2000 e o 2003 estivo presidido por Mila Bouzón Castroagudín, sendo substituída por Antonio Martínez Vázquez. Actualmente rexenta o cargo Marcos Jamardo "Polo".
O Furia foi promotor da primeira Copa do Sar de categoría cadete e da primeira Liga do Sar de benxamíns. Ten participado en diversos torneos a nivel nacional e internacional.
En 1998, despois dunha longa loita, o Furia consegue que o Comité de Disciplina Deportiva de Galicia permitise o acceso a mulleres en tódalas competicións organizadas pola Federación Galega de Fútbol. [1]
[editar] Últimas tempadas
| Tempada | Categoría | Posición |
|---|---|---|
| 2006/07 | 3ª Autonómica | 1º |
| 2007/08 | 2ª Autonómica | 14º |
| 2008/09 | 3ª Autonómica | 5º |
| 2009/10 | 3ª Autonómica | 6º |
| 2010/11 | 3ª Autonómica | 1º |