Polokwane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rúa de Polokwane.

Polokwane[1] (anteriormente chamada Pietersburg) é unha cidade, municipalidade e capital da Provincia de Limpopo en Suráfrica. Ten unha poboación aproximada de 150.000 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Na década de 1840, os Voortrekkers baixo o liderado de Andries Potgieter fundaron Zoutpansbergdorp, unha vila a 100 km ao sueste. Ese asentamento foi abandonado por mor dos enfrontamentos coas tribos locais. Fundaron unha nova vila en 1886 e chamárono Pietersburg en honra ao líder Voortrekker Petrus Jacobus Joubert. Os británicos construíron aquí un campo de concentración durante a Segunda Guerra Anglo-Boer para aloxar case 4.000 mulleres e nenos Bóer. A vila converteuse en cidade o 23 de abril de 1992 e o 11 de xuño de 2003 cambiou o seu nome a Polokwane.

Clima[editar | editar a fonte]

A pesar da súa localización no trópico de Capricornio, o clima é espléndido porque a cidade atópase nunha meseta a trescentos metros sobre o nivel do mar. As temperaturas media alcanzan unha máxima de 27 °C no verán e de 20 °C no inverno permitindo a vida ao aire libre durante todo o ano. As choivas no verán varían entre 400 - 600 mm por ano.

Municipalidade Polokwane[editar | editar a fonte]

A área da Municipalidade Local Polokwane alcanza o 3% da superficie total da Provincia de Limpopo e preto dun 10% da poboación de Limpopo reside na área Municipal. Sendo de feito o centro económico de Limpopo, Polokwane pose a maior densidade de poboación do Distrito Municipal Capricorn. A maioría da poboación de Polokwane é rural. Iso mostra que o maior sector da comunidade dentro do municipio reside nas aldeas tribais rurais seguido polos asentamentos urbanos.

Turismo[editar | editar a fonte]

Esta zona é considerada como un lugar de "mitos e lendas". Existen numerosas oportunidades de observación, facendo de Polokwane un popular destino para o eco-turismo no Sur de África. Limpopo está dividida en catro rexións de turismo, representando cada unha un microcosmos da variedade e interesantes culturas na zona.

Outras atraccións son:

  • O Museo ao aire libre Sotho Bakone Malapa Northern, que describe o estilo de vida tradicional e moderno deste pobo.
  • A Polokwane Game Reserve, que ten máis de 21 especies e ofrece camiñadas escénicas.
  • O Savannah Centre, un moderno centro de compras.

O Estadio Peter Mokaba foi utilizado na Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. República de Suráfrica (7 de xaneiro de 2005). "Departmento de Arte e Cultura: Aprobación de Topónimos Oficiais". Government Gazette. http://www.gov.za/documents/download.php?f=60522. Consultado o 28 de marzo de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Polokwane