Río Orange
| Orange | |
|
Serán no Río Orange cerca de Upington. |
|
| País | Sudáfrica, Namibia e Lesoto |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Montes Drakensberg |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 2.090 Km |
| Caudal medio | |
| Conca | 973.000 km2 |
| Desembocadura | Océano Atlántico |
O río Orange é o segundo río máis importante do sur de África despois do río Zambeze e o máis importante da república de Sudáfrica. Nace nos montes Drakensberg en Sudáfrica e percorre a fronteira entre este país e Lesotho, a uns 193 km da costa do océano Índico. O río Orange encamíñase non obstante cara ao oeste, nun percorrido de 2.200 km, trazando a fronteira meridional da Provincia do Estado Libre. Posteriormente discorre delimitando a fronteira entre Namibia e Sudáfrica e desemboca no océano Atlántico na cidade de Alexander Bay, a metade de camiño entre Walvis Bay e Cidade do Cabo.
O seu afluente máis destacado é o río Vaal, que tamén nace na cordilleira Drakensberg, ao leste de Johannesburgo e forma a fronteira entre o Transvaal e o Estado Libre, antes de unirse co Orange ao sueste de Kimberley. Tras unirse co Vaal, o Orange percorre os terreos áridos e salvaxes do sur da rexión de Kalahari e Namaqualand.
Durante os últimos 800 km do seu curso recibe moitos regueiros intermitentes e varios wadis. O volume do caudal redúcese considerablemente debido á evaporación. Na estación de chuvias, o Orange convértese nun impetuoso torrente.
O río foi descuberto por europeos en 1760 e foi bautizado co nome da Casa de Orange dos Países Baixos arredor de 1777-79.