Mbombela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista panorámica dende os outeiros de Nelspruit.

Mbombela[1] (oficialmente Nelspruit ata 2009) é unha cidade de 221.474 habitantes (2000) situada no nordeste de Suráfrica. É a capital da Provincia de Mpumalanga (antigamente Transvaal oriental). Situada sobre o Río Crocodilo (chamada Krokodil en africáner), Nelspruit atópase a uns 100 quilómetros (60 millas) ao oeste do límite Mozambique e a 330 quilómetros (205 millas) ao leste de Johannesburgo. A cidade máis próxima é KaNyamazane, uns poucos quilómetros ao leste de Nelspruit.

Datos[editar | editar a fonte]

Nelspruit foi fundada en 1905 por tres irmáns da familia Nel que pastaban ao seu gañado ao redor do sitio de Nelspruit durante os meses de inverno. É o centro manufactureiro e agrícola do nordés de Suráfrica . As industrias principais inclúen o enlatado de cítricos, produción de papel, fabricación de mobiliario e madeireira. Os seus fértiles chans e clima subtropical proporcionan condicións perfectas para o crecemento de froitas cítricas e tropicais, principalmente mango, plátano, palta ou aguacate e tamén moitas variedades de noces. Hai moitas granxas de laranxa na área ao redor de Nelspruit.

A cidade ten un aeroporto, o Aeroporto Internacional Kruger Mpumalanga, que é usado principalmente para voos de e a Johannesburgo, pero que tamén ten voos frecuentes a Cidade do Cabo e outras cidades. É tamén de sede do Instituto de Investigación do Goberno para Froitas Cítricas e Subtropicales, e os Xardíns Botánicos Lowveld. Nelspruit é unha escala importante para os turistas que se dirixen ao Parque Nacional Kruger e a Mozambique. O turismo de Mozambique tamén estimula considerablemente a economía da cidade . Durante a Guerra dos Bóers, Nelspruit serviu brevemente como sede de goberno da República de Suráfrica, un estado Afrikaner independente. Nelspruit planeou un novo estadio de fútbol para a Copa Mundial de Fútbol de 2010. O seu nome é o Estadio Mbombela e terá unha capacidade de 40.000. En Nelspruit atópase o casino Emnotweni situado no camiño a Whiteriver.

Nota[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]