Bolsa de valores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Bolsa de Valores de Nova York ou New York Stock Exchange.
Bolsa de Madrid.

A bolsa de valores, ás veces simplemente bolsa, é un mercado onde se venden ou compran activos financeiros. como accións, obrigacións etc. Tamén se pode dicer que estas compa-vendas se realizan sob a lei da oferta e a demanda.

A bolsa de valores é un estabelecemento privado onde os seus membros realizan negociacións de compra-venda de accións de sociedades ou compañías anónimas, así como títulos ou bonos públicos e privados, certificados, títulos de participación e unha variedade de instrumentos de investimento. As bolsas de valores fomentan o aforro e o investimento a longo prazo, fortalecendo o o mercado de capitais e impulsando o desenvolvemento económico e social dun país.

Os participantes nas operacións das bolsas, son especialmente os demandantes de capital (empresas, organismos), os oferentes de capital (aforradores, investidores) e os intermediarios. A negociación nas bolsas de valores efectúase a través de intermediarios que son membros da bolsa, coñecidos usualmente con o nome de corredores, sociedades de corretaxe de valores, casas de bolsa, axentes de bolsa ou comisionistas, consonte ás denominacións que lles asignan as leis de cada país.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira bolsa moderna foi creada en Amsterdam a comezos do século XVII, en 1602, aínda que se citan precedentes anteriores. A comezos do século XIII, comerciantes de Bruxas reuníanse na casa dun tal Van der Burse. En 1309 estas xuntanzas informais institucionalizaronse e o lugar converteuse na "Bolsa de Bruxas" (en francés burse é bolsa). A idea espallouse con rapidez por Flandres e outras terras próximas, de xeito que logo foron abertas "Bolsas" en Gante e Amsterdam.

Actualmente estas institucións existen en innúmeros países, sendo a máis importante do mundo, ata agora, a Bolsa de Nova York, que recentemente iniciou a súa transformación para se converter nunha rede electrónica de negociación similar ao mercado Nasdaq, tamén norteamericano, que se atopa nun proceso para obter a autorización necesaria para transformarse nunha bolsa de valores. A Bolsa de Madrid data de 1831, a de Bilbao de 1881 e a de Barcelona de 1915, mentres moito máis recente é a de Valencia (1981) Salvo países excesivamente pequenos, ou de réxime comunista, como Cuba ou Corea do Norte, a maioría dos países teñen unha bolsa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]