Hemorraxia cerebral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hemorraxia cerebral
Clasificación e recursos externos

Hemorraxia intracerebra
ICD-10 161
ICD-9 431
MeSH D002543

Unha hemorraxia cerebral (tamén chamada hemorraxia intracerebral, ICH) é un subtipo de hemorraxia interacraneal, que en si se produce no cerebro. Pode ser causado por un trauma cerebral ou espontáneamente pode ocorrer nun accidente.[1]

Unha hemorraxia cerebral é unha hemorraxia intra-axial, é dicir, que se produce no tecido cerebral[1] en lugar de fóra del. A outra categoría de hemorraxia intracraneal é hemorraxia extra-axiales, tales como o hematoma epidural, hematoma subdural e hemorraxia subaracnoidea, que ocorren dentro da cabeza, pero fora do tecido cerebral.

As áreas do cerebro afectadas pola hemorraxia son danadas e, si acumúlase un suficiente volume de sangue no espazo extravascular, pódese provocar unha hipertensión intracraneal; a cuantía da hemorraxia determina a gravidade deste accidente vasculocerebral agudo. A taxa de mortalidade destas hemorraxias intraparenquimais é do 40%.[2]

Xenéricamente, os accidentes vasculares agudos que ocorren no cerebro son coñecidos xenéricamente coa palabra latina ictus que significa golpe ou ataque súbito, e que en inglés se traduce por "stroke" (unha hemorraxia cerebral denomínase en inglés "hemorrhagic stroke").

A palabra apoplexía, de orixe grega, designa en galego, e noutros idiomas, á abolición do funcionalismo cerebral (movemento, sensibilidade e conciencia) producida especialmente pola hemorraxia cerebral e pola embolia cerebral, que é o accidente que ocorre cando un vaso cerebral é bloqueado por un émbolo, nese caso o territorio irrigado pola arteria bloqueada queda desprovisto de sangue, converténdose de súbito nun área isquémica.

En consecuencia, nos accidentes vasculocerebrales agudos convén distinguir fronte ao ictus hemorráxico ou hemorraxia cerebral ("hemorrhagic stroke") o ictus isquémico ("isquemic stroke") ou embolia cerebral. Como queira que a porción dun tecido do organismo privada de sangue polo bloqueo súbito dunha arteria coñécese genéricamente como infarto, a lesión que é consecuencia dunha embolia cerebral coñécese tamén como infarto cerebral.[1]

Escaneo tomográfico mostrando hemorraxia na fosa posterior

Factores de risco[editar | editar a fonte]

Os factores de risco da hemorraxia cerebral son:[3]


Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento depende sustancialmente do tipo de ICH. Un escaneo tomográfico e outras medidas de diagnóstico utilízanse para determinar o tratamento adecuado, o cal pode incluír á vez medicación e cirurxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Yadav YR, Mukerji G, Shenoy R, Basoor A, Jain G, Nelson A (2007). Endoscopic management of hypertensive intraventricular haemorrhage with obstructive hydrocephalus. 7. pp. 1. DOI:10.1186/1471-2377-7-1. PMC 1780056. PMID 17204141. http://www.biomedcentral.com/1471-2377/7/1. (en inglés)
  2. Sanders MJ and McKenna K. 2001. Mosby’s Paramedic Textbook, 2ª ed. revisada. Cáp. 22, "Head and Facial Trauma." Mosby.
  3. Major Risk Factors for Intracerebral Hemorrhage in the Young Are Modifiable Edward Feldmann, MD; Joseph P. Broderick, MD; Walter N. Kernan, MD; Catherine M. Viscoli, PhD; Lawrence M. Brass, MD; Thomas Brott, MD; Lewis B. Morgenstern, MD; Janet Lee Wilterdink, MD Ralph I. Horwitz, MD. Published in Stroke. 2005;36:1881.(en inglés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neurotrauma