A galiña azul (escolas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Galescola")
Escola infantil do Grove, co actual logotipo
Escola infantil de Sanceda, co anterior logotipo da Galescola

A galiña azul, primeiro coñecida como rede de galescolas, é a rede de escolas de educación infantil dependentes da Xunta de Galicia dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos.

A rede de galescolas está xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e do que forman parte a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e distintos concellos urbanos e rurais, onde se atopan os centros. As galescolas comezaron a funcionar a partir do curso 2007-2008.

É necesario nomear que tanto o concepto, como o nome, o proxecto e a iniciativa das galescolas partiu desde a internet por parte da Asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas) xa a finais do ano 2004.

O proxecto educativo das Galescolas di fomentar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores. Cada grupo de nenas e nenos é atendido por dous ou dúas profesionais da educación, no que se denomina "parella educativa". Ao funcionaren en rede, as galescolas comparten entre elas recursos, servizos e elementos de coordinación e apoio pedagóxico.

Os sectores que conforman a comunidade educativa están representados en órganos colexiados coma o consello de participación.

Para o curso 2008-2009 está previsto que funcionen 58 Galescolas cunha oferta de 2733 prazas atendidas por 472 traballadores.

Índice

[editar] Lingua

A lingua de comunicación é o galego.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais