Isabel I de Castela
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
| Isabel I de Castela | |
|---|---|
| Raíña de Castela[1] e de Aragón. | |
|
|
|
| 13 de decembro de 1474 - 26 de novembro de 1504 | |
| Predecesor | Henrique IV |
| Sucesor | Xoana I e Filipe I |
|
|
|
| 20 de xaneiro de 1479 - 26 de novembro de 1504 | |
| Predecesor | Xoana Henríquez |
| Sucesor | Germana de Foix |
|
|
|
| Coroación | 13 de decembro de 1474 na Igrexa de San Miguel (Segovia) |
| Nacemento | 22 de abril de 1451 Convento de San Agustín (Madrigal de las Altas Torres), |
| Falecemento | 26 de novembro de 1504 (53 anos) Palacio Testamentario (Medina del Campo), |
| Sepultura | Capela Real de Granada |
| Consorte | Fernando II de Aragón |
| Descendencia | véxase descendencia |
| Casa Real | Casa de Trastámara |
| Pai | Xoán II de Castela |
| Nai | Isabel de Portugal |
Isabel I de Trastámara, máis coñecida como Isabel a Católica, nada en Madrigal de las Altas Torres (Ávila) o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo (Valladolid) o 26 de novembro de 1504, foi raíña de Castela, casou con Fernando II de Aragón, polo que pasou a ser raíña consorte de Aragón.
Índice |
Traxectoria [editar]
Era filla de Xoán II de Castela e de Isabel de Portugal. Pensou a nai en casala con Afonso V de Portugal e con D. Pedro Xirón, mestre de Calatrava. En 1469 celebrase o seu matrimonio con Fernando, rei da Sicilia e herdeiro de Aragón, primo afastado. Tras a morte de seu irmán Henrique IV de Castela, foi proclamada raíña de Castela, despois da derrota de Xoana a Beltranexa. Afonso V, tío e marido de Xoana a Beltranexa, entra en Castela por Zamora e Toro. O tratado de Alcáçovas puxo fin á loita con Portugal. A morte de D. Xoán II une os reinos de Aragón e Castela (1497).
No fin da Reconquista, coa conquista de Granada (1492) a raíña mostrou grande firmeza na gobernación. Axudada polos cardeais Mendoza e Cisneros, tenta converter os musulmáns ao catolicismo, e apoia a Cristovo Colón na súa expedición ao Novo Mundo (América). Após a descuberta de Colón, a raíña interesouse polo ben estar dos americanos nativos. Ordenou que aqueles que foran levados á forza a Castela retornasen á súa terra, e por dispositivos no seu testamento determinou que os nativos fosen ben tratados nos territorios controlados polos españois. Os seus desexos no seu testamento non foron sempre honrados.
O seu legado tamén ten un lado máis negro: favoreceu a inquisición española e foi responsábel da expulsión dos xudeus de Castela en 1492 (Decreto de Alhambra). Tampouco foi o seu reinado favorecedor para os intereses da nobreza galega, que foi substituída por unha nova nobreza foránea como castigo por non teren apoiado a súa causa na guerra sucesoria polo trono, nin para o propio reino de Galiza que perde poder político cos Reis Católicos. Estes novos reis introduciron organismos novos (audiencia, santa irmandade, gobernadores, correxedores, inquisición, congregación monástica de Valladolid, etc.), nutridos maiormente con funcionarios estranxeiros e contando co concurso dos sectores autóctonos como intermediarios e subalternos.
Notas [editar]
- ↑ A titulación completa era: Raíña de Castela, de Toledo, de León, de Galicia, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Algeciras, de Xibraltar e Señora de Biscaia e de Molina