Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santo Estevo de Budiño
Fachada da igrexa parroquial.
ConcelloSalceda de Caselas[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°05′51″N 8°36′58″O / 42.0973956, -8.6160872Coordenadas: 42°05′51″N 8°36′58″O / 42.0973956, -8.6160872
Poboación700 hab. (2011)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo de Budiño, ou Budiño de Baixo, é unha parroquia encravada no Val da Louriña e moi ligada ao Porriño, aínda que pertence ao concello de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2011 tiña 700 habitantes (363 homes e 337 mulleres).

Historia[editar | editar a fonte]

A súa orixe está ligada á veciña parroquia de San Salvador de Budiño, aínda que xa no século XIII se menciona a parroquia co seu nome actual. Durante a Idade Media e até o século XIX formou parte da xurisdición de Budiño (formada polas dúas parroquias que levan o nome) baixo a forma de "couto veciñal", onde os propios habitantes podían escoller os seus cargos públicos.

A actual igrexa parroquial é de mediados do século XIX, e atópase na entidade de Barral. Procedente desta igrexa atópase actualmente no Museo Diocesano de Tui unha imaxe da Virxe do Libramento do século XIV. As festas na honra da virxe celébranse o segundo domingo de setembro.

Comparte unha parte das Gándaras de Budiño, espazo natural protexido pola Rede Natura 2000.

Dentro dela tamén se atopa o centro industrial do Cerquido, o de maior importancia de todo o concello.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Conxunto parroquial de Santo Estevo de Budiño: Formado pola igrexa, construída entre os anos 1849 e 1850, aínda que conserva no seu interior un arco pertencente a antiga igrexa, de posíbel factura románica; a casa reitoral e o via crucis que rodea o conxunto.
  • Calvario do Barral: Conxunto de tres cruces situadas no alto dunha rocha, que formaba parte do vía crucis que partía desde a igrexa.
  • Cruceiro do Coto: Erguido en 1701, conserva a seguinte inscrición: D JOSEPH / LO IZO / OS 1701 / DEPAI AN, que pode ser traducida como Don Joseph Deapi fíxoo no ano 1701.
  • Cruceiro da Lomba: Cruz alta que se localizaba nun cruzamento de camiños no lugar da Lomba, e que se sitúa actualmente nunha propiedade privada preto da súa localización orixinal.
  • Aceas ao longo de varios regatos:
    • No río da Becerreira e levadas que parten da mesma: muíño de Timóns (en estado ruinoso) e muíño do Cerquido (restaurado).
    • No regato de Loureiro: muíño de Veliños ou de Loureiro, muíño da Bouza Panda, muíño da Revolta (case desaparecido), muíño das Quintas, muíño do Regueiro (todos eles en estado ruinoso). No tramo final do regato sitúanse o muíño Novo, o muíño do Cubo, o muíño da Tol, o muíño do Médio e o muíño do Campo, que xuntamente coa fonte do Regueiro, foron restaurados para conformar o Parque Etnográfico do Regueiro.

División eclesiástica[editar | editar a fonte]

Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Louriña, na diocese de Tui-Vigo.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santo Estevo de Budiño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santo Estevo de Budiño no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra)

A Ameixeira | Os Areeiros | O Barral | A Becerreira | Bouzapanda | O Cerquido | A Costeira | O Eido Vello | A Lomba | O Rebindo | A Rega da Lama | O Regueiro | O Seixo Branco | A Urgueira


Parroquias de Salceda de Caselas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salceda de Caselas

Entenza (Santos Xusto e Pastor) | Parderrubias (San Tomé) | A Picoña (San Martiño) | San Xurxo de Salceda (San Xurxo) | Santa María de Salceda (Santa María) | Santo Estevo de Budiño (Santo Estevo) | Soutelo (San Vicente)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]