La Orotava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xardins da Victoria, na Orotava.

La Orotava é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (Canarias). Está situado no norte da illa de Tenerife. Ocupa boa parte do Val de La Orotava, nas saias do Teide. Neste val tamén se atopan os municipios de Puerto de la Cruz e de Los Realejos.

Ten unha extensión de 207,31 km² (sendo o maior dos municipios tinerfeños) e unha poboación de 40.644 habitantes (INE, 2007). A altitude do principal centro de poboación é de 390 metros, aínda que a do municipio vai desde o nivel do mar ata os 3718 metros da cima do Teide, situada dentro do territorio do municipio que, xa que logo, é o máis alto de España (aínda que o núcleo de poboación máis alto é o de Valdelinares, na provincia de Teruel). Gran parte do Parque nacional do Teide pertence a este municipio.

O principal núcleo de poboación é La Orotava ou "A Vila". Con todo a poboación está moi repartida entre numerosos núcleos como: A Perdoma, San Antonio, Benijos, Barroso, A Florida, Pinolere, Aguamansa.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Orotava Modificar a ligazón no Wikidata