Igrexa de San Salvador de Padróns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Salvador de Padróns
Igrexa de San Salvador de Padróns
PaísEspaña
LocalizaciónPadróns (Ponteareas)
Coordenadas42°13′33″N 8°31′57″O / 42.22583333, -8.5325Coordenadas: 42°13′33″N 8°31′57″O / 42.22583333, -8.5325
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de San Salvador de Padróns é a igrexa parroquial de Padróns no concello de Ponteareas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Da edificación antiga só se conservan algunhas seteiras nos muros sur e norte da ábsida e a fachada occidental cunha monumental portada do século XIII.

A portada occidental é de gardapós axadrezado con tres amplas arquivoltas apuntadas, as dúas exteriores de finas mediacanas e a inferior de dúas filas de floróns.

O tímpano é liso e o lintel en que se apoia é soportado por mochetas con esculturas de anxos. Ten tres pares de columnas de fuste esvelto e monolítico con capiteis de finas follas terminadas en volutas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]