Ares (deus)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ares Canope Villa Adriana.jpg

Na mitoloxía grega, Ares (en grego Ἂρης, "home", "home", "conflito") era o deus da guerra, fillo de Zeus e Hera e un dos deuses olímpicos. Os romanos chamábano Marte.

Cando Halirrotio violou a Alcipe, filla de Ares e Agraulo, Ares matouno, polo que foi levado a xuízo: o primeiro xuízo por asasinato da historia. Foi absolto. Entre os seus compañeiros estaban a súa irmá Eris, os seus fillos Fobos e Deimos e Enio. A Ares acompañábao un séquito que incluía a Dor, o Pánico, a Fame e o Esquecemento. A pesar de ser inmortal, era moi sensíbel á dor e acudía correndo onda o seu pai, Zeus, cada vez que era ferido. Foi adorado principalmente en Tracia.

Ares deu a Hipólita o cinto que logo lle arrebataría Heracles.

Unha noite, mentres mantiña relacións sexuais con Afrodita (que era esposa de Hefestos), Ares puxo a un mozo chamado Alectrión á súa porta para que os gardase. Pero este quedou durmido e Helios, o sol, sorprendeu á parella. Ares transformou a Alectrión nun galo, que dende entón anuncia a chegada do sol pola mañá.

Durante a Guerra de Troia, Diómedes loitou con Héitor e viu a Ares loitando no bando troiano. Diómedes pediu ós seus soldados que se retirasen lentamente. Hera, nai de Ares, viu a interferencia deste e pediu permiso a Zeus, para apartar a Ares do campo de batalla. Hera animou a Diómedes a atacar a Ares e este lanzou a súa lanza contra o deus. Atenea guiou a lanza ata o corpo de Ares, que ruxiu de dor e fuxiu ó monte Olimpo, o que obrigou ós troianos a retiráremse.

Aínda que foi importante na poesía e na mitoloxía, Ares foi raramente obxecto de adoración. E era case sempre venerado en conxunción con outros deuses: por exemplo, compartía un templo con Afrodita en Tebas.

Homero chamouno nalgunhas ocasións:

  • Βροτολοιγός (Brotoloigos, "destrutor de homes"), Ανδρειφοντης (Andreiphontês, "asasino de homes"), Μιαιφόνος (Miaiphonos, "manchado de sangue") e Τειχεσιπλήτης (Teikhesiplêtês, "asaltante de murallas").

Consortes e descendencia[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ares Modificar a ligazón no Wikidata