Salvador González Solla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalvador González Solla
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Alcalde de Ponteareas
Período2004 – 2015
AntecesorFrancisco Candeira Mosquera
SucesorXosé Represas Giráldez
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeiro agrónomo
Partido políticoPartido Popular de Galicia
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Salvador González Solla, nado en Ponteareas o 1 de xullo de 1961, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É enxeñeiro agrónomo. Foi xerente da Fundación para o Desenvolvemento Comarcal da Paradanta. Foi candidato do PPdeG ao concello de Ponteareas nas municipais de 1999 e 2003. Foi deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia (2003-2004). Logo dunha moción de censura, o 13 de maio de 2004 foi elixido alcalde de Ponteareas co apoio de UCPA. Volveu ser elixido alcalde en 2007 (goberno de coalición do PPdeG e UCPA). En setembro de 2009 tomou posesión como deputado provincial permanecendo como tal ata 2011. En 2011 volveu ser elixido alcalde como candidato da lista máis votada grazas á abstención do PSdeG-PSOE[1]. Dende 2015 traballa na Oficina de Emprego de Ponteareas como funcionario público.[2][3] Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra. Non repetiu candidatura nas Eleccións de novembro dese mesmo ano.


Predecesor:
Francisco Candeira Mosquera
 
Alcalde de Ponteareas
 
2004 - 2015
Sucesor:
Xosé Represas Giráldez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]